Narrativas dixitais e xornalismo de datos, curso de verán da USC do 1 ao 6 de setembro en Comunicación

Tamén haberá ocasión de debater cos responsables de novos medios punteriores neste sector en España, como é o caso de El Extrarradio, El Español, ou El Confidencial, nunha mesa redonda moderada por Borja Echevarría, exsubdirector dixital de El País e actual vicepresidente dixital de Noticias Univisión.
Completarán o panel de expertos convidados o francés Éric Viennot, creador transmedia e deseñador de series vídeo-xogo nas que fai converxer internet, cinema e vídeo-xogo, entre as que destaca a mundialmente difundida e premiada L'Album secret de l'oncle Ernest, éxito que lle valeu o nomeamento como cabaleiro das Artes e das Letras da República francesa. Sen esquecer a presenza de Karma Peiró, organizadora das Xornadas de Xornalismo de Datos e Open Data e directora do xornal Nació Digital; de Hugo Garrido, da Fundación Civio; de Rafa Höhr, infográfico e editor multimedia, que foi editor de gráficos de El País e The Sunday Times e actualmente traballa en Prodigioso Volcán; ou de Sergio Álvarez Leiva, experto en deseño de xeoinformación e visualización xeoespacial, que traballou para Google, NASA, a Universidad de Oxford, entre outros.
O curso, que se desenvolve entre o 1 e 6 de setembro, dedicará a fin de semana de forma intensiva á realización do Hackathon campUSCulturae, no que traballarán todos os alumnos inscritos baixo a coordinación da xornalista Idoia Sota, premio Larra de xornalismo, responsable do lanzamento das revistas Oks, La Otra Crónica de El Mundo, El País SModa e Tentaciones e fundadora e actual directora de Acuerdo.eu.
O curso Narrativas dixital e xornalismo de datos: outras formas de contar e informar enmarcase na oferta formativa da Universidade de Verán da USC e forma parte dos contidos do proxecto europeo campUSCuturae, cofinanciado pola EACEA Culture Agency.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela