Skip to main content

Elvira Lindo recibirá no OUFF o premio Irmandade do Libro ao mellor guión adaptado

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
A xornalista, escritora, guionista de televisión e de cine e actriz Elvira Lindo, recibirá dentro do Festival Internacional de Cine de Ourense o premio “Irmandade do Libro” na súa terceira edición, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia para o mellor guión adaptado polo propio autor.

O premio recoñece así o labor da prolífica autora, que escribiu o guión para as películas “La primera noche de mi vida”, xunto a Miguel Albadalejo; “Manolito Gafotas” (personaxe que ela mesmo interpretou na radio); “Ataque verbal”, tamén con Albadalejo; “Plenilunio”, adaptación da novela de Antonio Muñoz Molina; ou “La vida inesperada”.

Ten no seu haber numerosos e recoñecidos premios, como o Nacional de Literatura Infantil, que lle foi concedido en 1998 por “Los trapos sucios de Manolito Gafotas”; igualmente, estivo nominada para o Goya ao mellor guión adaptado no ano 2000 por “Manolito Gafotas”

A distinción a Elvira Lindo é a terceira que se concede dentro do Festival Internacional de Cine de Ourense. A primeira foi para o escritor, director e guionista galego Angel de la Cruz, por “Enrugas”; a segunda, o pasado ano, recaeu en Carlos Bardem por “Alacrán enamorado”. O premio foi instituído para recoñecer a frutífera relación entre cine e literatura, que ten permitido crear filmes de calidade e que teñen acadado gran éxito.

A entrega terá lugar o próximo día 15 de novembro, segunda xornada do Festival, no transcurso dun acto a celebrar no Teatro Principal.

Fotografía: http://www.elviralindo.com/blog/
Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense