Ciencias da cultura, mediación e xestión, centran unha xornada profesional en Humanidades

A importancia do saber humanístico para a industria cultural, as ciencias humanas como alternativa para enfrontar a realidade, o uso das TIC na difusión do patrimonio cultural, os criterios para o deseño de produtos culturais atractivos, a función dos guías turísticos como mediadores culturais, a xestión cultural na actualidade, o prestixio do audiovisual galego e a suficiencia ou falta de información no eido profesional das ciencias da cultura constitúen algúns dos temas sobre os que afondarán os distintos relatores convidados a participar nesta xornada, que se desenvolverá en quenda de mañá e tarde.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela