Skip to main content

Notas

  • O venres, día 8 de agosto, ás 21.00 horas, Editorial Galaxia presenta o libro: No país de Nunca Máis. As fotografías de Xurxo Lobato son unha mostra visual da reacción dunha Galicia viva.
  • Galicia participa coa canción AI-LALELO no AI Song Contest, a Eurovisión das cancións escritas por intelixencia artificial, que terá lugar o vindeiro 6 de xullo en Liège (Bélxica). A candidatura está formada por un equipo multidisciplinar de seis artistas, enxeñeiros, investigadores e músicos galegos que teñen o obxectivo de promover a lingua e cultura de Galicia no eido internacional a través das novas tecnoloxías.
  • O Galician Film Forum (GFF) de Londres segue a promocionar o audiovisual galego malia as restricións impostas pola pandemia. Xa que logo, a organización vai retomar as súas proxeccións pero desta volta na modalidade en liña e vaino facer coa estrea internacional de ‘Eroski Paraíso’ na plataforma Vimeo On Demand. Así, os días 27, 28 e 29 de novembro a película de Jorge Coira e Xesús Ron vai estar dispoñible para todo o mundo na devandita web agás no caso de España, onde se pode atopar en Filmin.
  • A comunicación de crise, a publicidade electoral dixital, os boatos ou as estratexias de promoción de contidos dixitais serán algúns dos aspectos a abordar nos Social Media Webinars, un ciclo de conferencias virtuais promovido pola Unviersidade de Vigo. Dirixido a complementar a formación do alumnado, este ciclo de coloquios, abertos ao público ata completar o aforo da sala virtual, desenvolverase a través de Campus Remoto entre os meses de novembro e abril.
  • O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica completará este outono a programación da súa oitava edición que foi interrompida por mor da declaración do estado de alarma o pasado marzo. Grazas á complicidade das entidades colaboradoras, a organización do Festival vai ser quen de programar unha vintena de espectáculos que se repartirán nos concellos de Santiago de Compostela, Ferrol, A Coruña, Ourense, Vigo, Lalín, Teo, Pazos de Borbén e Bertamiráns.
  • Presentouse en Tui, en rolda de prensa, os contidos da sección galega así como toda a programación que compón a nova edición do Festival Internacional de cinema Play-Doc que se celebrará do 23 ao 27 de setembro na cidade fronteiriza. Sen perder o carácter internacional que definiu a programación de Play-Doc durante toda a súa traxectoria, nesta edición, o festival presenta uns contidos cos que pretende reforzar os vínculos coa súa comunidade.
  • Promovido polo Padroado do Pedrón de Ouro e o Concello de Mazaricos (A Coruña), organízase co fin de fomentar a literatura narrativa en lingua galega e homenaxear ao seu artellador, o pontevedrés Modesto R. Figueiredo. Poden participar autores e autoras de calquera nacionalidade, con unha ou máis obras en lingua galega, inéditas e que non se presentasen antes a ningún outro certame.
  • O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que, coa modificación orzamentaria aprobada este martes no Pleno, o Goberno provincial deixa a cero a débeda financeira do organismo xa neste mesmo 2015, mentres se mantén, con diferencia, á cabeza das institucións provinciais de Galicia en investimento por habitante.