Compostela acoge del 5 al 26 de abril el ciclo de cine de animación infantil Máxicos Galegos
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
Os filmes P3K Pinocho 3000, de Daniel Robichaud, e O soño dunha noite de San Xoán, de Ángel de la Cruz e Manuel Gómez, abren en Santiago o ciclo de cine de animación infantil Máxicos Galegos, que se desenvolve ao longo de todos os martes do mes de abril na sede compostelá da Fundación SGAE.
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora neste programa da Sociedad General de Autores e Editores (SGAE) a través do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), que prestou asesoramento técnico para a escolma das fitas que se van proxectar, especialmente axeitadas para o público infantil e para a mocidade.
'P3K Pinocho 3000', que se proxectará ás 11.00 horas, é unha coprodución entre Canadá, Francia e España de 2004, na que o coñecido conto de Carlo Collodi trasládase ao ano 3000, cando Gepetto crea a Pinocho, un robot con forma de neno dotado cun procesador que fai que teña unha imaxinación portentosa. Ás 18.00 horas poderá verse 'O soño dunha noite de San Xoán', película de animación de Dygra Films realizada en 2005 a partir da obra homónima de William Shakespeare.
Ademais dos dous títulos previstos para mañá, 'Máxicos Galegos' continuará a desenvolverse os días 12, 19 e 26 de abril, cada xornada co mesmo dobre programa: pola mañá, ás 11:00 horas, un pase para escolares dentro do proxecto 'Cinemaescola'; en tanto que pola tarde, ás 18.00 horas, a proxección será para todos os públicos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. Outras dúas películas completan a carteleira: 'Nocturna', de Adrià García e Víctor Maldonado, premio Goya en 2007 á mellor película de animación; e 'El bosque animado', adaptación da novela de Wenceslao Fernández Flórez producida tamén por Dygra e realizada por Ángel de la Cruz e Manuel Gómez en 2001.
O martes 12 exhibiranse 'O soño dunha noite de San Xoán' (11.00 h) e 'Nocturna' (18.00 h), mentres que o día 19 proxectaranse 'El bosque animado' e 'P3K Pinocho 3000' (18.00 h). A última entrega de 'Máxicos Galegos' será o 26 de abril, con 'Nocturna' en pase matinal escolar e 'El bosque animado' ás 18.00 horas.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R.