La nueva versión de la película El Principito llega a la cartelera del colectivo Numax en gallego

O novo filme O Principiño (The Little Prince - Le Petit Prince), agardada adaptación do clásico de Antoine de Saint-Exupéry dirixida por Mark Osborne, fai parada desde o pasado venres e durante as próximas dúas semanas na carteleira do compostelán cinema NUMAX.
A fita proxéctase en versión orixinal con subtítulos en galego no marco da colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística –que abrangue o subtitulado e a proxección de cinco filmes ao ano- e inclúese a maiores no catálogo do programa didáctico ‘NUMAX na Escola’ para o curso 2016-2017. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á segunda das proxeccións do día.
O director Mark Osborne adapta, nunha peza de cinema para todos os públicos, o coñecido clásico de Antoine de Saint-Exupéry valéndose dunha innovadora combinación das técnicas de animación 3D e stop-motion que lle outorgan ao filme un acabado visual inesquecible.

R.