La ESAD de Galicia convoca el IV Premio A Pegada do Eco de Teatro Radiofónico
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria volve colaborar coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia no Premio ‘A Pegada do Eco’ de Teatro Radiofónico, que convoca a súa cuarta edición. O Servizo de Dinamización Lingüística da ESAD encárgase da organización desta iniciativa co obxectivo de promover a creación dramática en galego e a recuperación do formato de radio-teatro en Galicia.
A Agadic mantén a súa contribución a este galardón mediante a entrega como dotación dun lote de libros teatrais procedentes do seu fondo editorial. ‘A Pegada do Eco’ contempla, así mesmo, un premio económico de 200 euros.
A convocatoria está aberta a todas as persoas interesadas, que teñen ata o 21 de marzo para presentar as súas obras, de temática libre. Os traballos candidatos deberán ser orixinais e inéditos, ademais de estar escritos en lingua galega. Adoptarán o formato de guión radiofónico dramático e estarán calculados para que a súa duración en antena sexa de entre cinco e dez minutos. Así mesmo, deberán estar libres de compromisos con emisoras de radio, televisións, editoriais ou entidades similares.
O xurado, integrado por profesorado da ESAD, valorará a calidade dramática e sonora na concepción do texto, así como o risco das propostas e as súas resolucións do espazo sonoro. Terase en conta tamén o emprego da lingua galega con corrección e/ou adecuación, riqueza, oralidade, vitalidade e creatividade.
A gañadora da última convocatoria de ‘A Pegada do Eco’ de Teatro Radiofónico foi AveLina Pérez por ‘Eu controlo’, mentres que nas anteriores edicións o premio recaeu en Julio Peláez por ‘A cunquiña’ e en Ernesto Suárez Is por ‘Do material do que están feitos os soños’. A obra galardoada este ano darase a coñecer no acto que terá lugar o 27 de marzo na ESAD con motivo da celebración do Día Mundial do Teatro.

R.