TVG prepara el lanzamiento de la serie Vidago Palace el miércoles 29 de marzo
Nota de prensa de CRTVG:
A Televisión de Galicia e a Radio Televisión de Portugal coproduciron a primeira serie de ficción entre ambas as dúas canles, 'Vidago Palace', rodada no hotel-balneario de Vidago, en Portugal. Trátase dunha serie realizada polas produtoras lusa HOP! e galega Portocabo e narra unha historia de amor nun contexto histórico extraordinario e nun ambiente tan espectacular como o luxoso hotel e balneario aberto en Vidago a comezos do século XX para acoller o máis selecto da sociedade europea.
A directora da TVG, Rosa Vilas, sinalou que "este é un gran día para a canle pública galega, xa que se dá un paso importante en colaboración coa RTP, cun proxecto que xa ten percorrido internacional". E é que os dereitos de emisión da serie xa foron adquiridos por televisións coma a Radiotelevisión Italiana (RAI) e a Televisión de Polonia (TVP). Vilas destacou tamén a coidada factura visual de 'Vidago Palace'.
O emblemático hotel portugués Vidago Palace soubo manter ata o día de hoxe o encanto co que foi concibido. Trátase dunha xoia arquitectónica, un espazo privilexiado para acoller unha ficción histórica coma esta. Así, gran parte do argumento da serie transcorre nos diversos espazos do hotel. A eles súmanse espazos naturais tan ricos coma os bosques circundantes, a zona da fronteira entre Galicia e Portugal e as proximidades de Verín, onde o protagonista ten as súas raíces galegas.
A serie sitúase no verán de 1936 e céntrase no amor prohibido entre Carlota, filla dos condes de Vimieiro e noiva de César, e Pedro, empregado no hotel, unha época en que imperaban as conveniencias familiares e sociais. Naquel verán decorrían os Xogos Olímpicos de Berlín e a Guerra Civil española, mantíñase o réxime de Salazar en Portugal e era inaugurado o campo de golf de Vidago.
Arredor da historia de Carlota e Pedro, nas suites, salóns, balneario e parques do 'Vidago Palace', sucederanse outras historias que terán como protagonistas os hóspedes e o persoal do hotel. O inicio da Guerra Civil en España non fixo máis que incrementar a afluencia de clientes. Aos hóspedes habituais engadiranse os que atopan en Vidago un refuxio dos perigos no país veciño, tanto dun bando coma do outro. Tamén confluirán no lugar os que, advertidos de que o continente se prepara para unha gran guerra, están comezando a facer de Portugal un niño de espías, un taboleiro onde se empeza a xogar unha gran partida.

R.