Skip to main content

La película francesa Les fantômes d'Ismaël clausura el 31º Festival Cineuropa tras más de veinte jornadas de proyecciones

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

O martes 28 de novembro ponse o punto final á 31ª edición de Cineuropa. En 2017, o festival ocupou 22 días dun mes de novembro no que se proxectaron 264 títulos de máis de 50 países en seis sedes compostelás. A cerimonia de clausura estará protagonizada polas/os compoñentes do I Xurado Novo de Cineuropa, sete mozas e mozos que valoraron ao longo destes días un total de 29 filmes e que outorgarán esta xornada os Premios á Mellor Película, Mellor Dirección, Mellor Guión, Mellor Interpretación Feminina e Mellor Interpretación Masculina, amais do Premio Cine e Dereitos Humanos Cineuropa 2017, xurdido a iniciativa do Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago. O acto , programado ás 21.30 horas no Teatro Principal, dá paso á proxección da última película nesta sede, Les fantômes d'Ismaël, do realizador francés Arnaud Desplechin

Outros dez filmes conforman a carteleira da derradeira xornada de Cineuropa en 2017. Ás 16:15 horas, o Teatro Principal e o Salón Teatro albergan as proxeccións de Live from Dhaka, de Abdullah Mohammad Saad, e Ember (Kor), de Zeki Demirkubuz, dous filmes que afondan no relato sobre os dereitos humanos. A continuación, ás 18:00 h, o Teatro Principal acollerá a primeira oportunidade do día de ver Lucky, de John Carroll Lynch, legado artístico do lendario actor Harry Dean Stanton. O filme, que vén de gañar os premios á mellor banda sonora e á mellor interpretación masculina no Festival de Cine de Xixón, tamén se proxectará ás 22:00 h no Salón Teatro. O mesmo espazo acollerá ás 18:15 h o último pase de 1945, filme de Ferenc Török ambientado na Hungría da inmediata posguerra que narra a escura pasaxe das expropiacións ilegais realizadas aos xudeus deportados durante a Segunda Guerra Mundial.

Por outra banda, On the beach at night alone (Na praia, soa de noite), de Hong Sang-soo, poderase ver ás 19:45 h no Teatro Principal. O filme vén de recibir o Premio á Mellor Actriz no Festival de Xixón pola interpretación dunha magnífica Kim Min-hee , que tamén acadou o Oso de Prata da Berlinale. Ás 20:00 h comezará no Salón Teatro En attendant les hirondelles (The nature of time), proposta de Karim Moussaoui que nos sitúa na Alxeria actual para amosar o estado anímico dunha sociedade con demasiados conflitos activos. A película técese delicadamente ao redor de tres personaxes ordinarios a partir dos cales elabora un tenro retrato social que foi merecedor en Xixón do Premio Especial do Xurado e do "Gil Parrondo" á mellor dirección artística.

Os Multicines Compostela, pola súa banda, ofrecerán tres propostas gratuítas pertencentes ás seccións Redescubrir a Claude Sautet, 10 sombras recobradas e Novecento: o século das revolucións.
R.