Skip to main content

El Proyecto Youtubeir@s entrega sus premios en una segunda edición marcada por la alta participación de los vídeos participantes

Nota de prensa de Alberto Ramos (Yotubeir@s):

Durante a mesma, déronse a coñecer os/as gañadores/as nas diferentes categorías tras a decisión do xurado constituído por Laura Cruxeiras, Iván Capón, Estela Romasanta, Adrián Dios e Anxos Sobriño. Na categoría de vídeo-facermos, o gañador foi o vídeo Como escaquearse dunha comida familiar, de As cousas do Choio. No apartado de vídeo-opinarmos, o premiado resultou o vídeo A expedición Balmís e a vitoria da vacinación, de Xacobe de Toro Cacharrón. E o premio á mellor canle acadouno Nubes Baixo ti. As tres categorías contan cun premio de 1000 euros.

Por outra banda, o apartado de creatividade gañouno Os cazapantasmas vídeo-facermos, de Moustache Media Producciones, mentres que eficiencia comunicativa foi para O galego Fermoso (e o que non o é tanto) de Aquel-e, a categoría da calidade técnica conquistouna Viaxar, de Aarón Vilariño Figueiras, e a categoría de calidade lingüística foi para Reivindicación oceánica, de Xosé Iglesias. Finalmente, o premio a proposta Youtubeira, entregado pola vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, recoñeceu o vídeo Como dar cartos ás agachadas, de As Cousas do Choio. Estes catro galardóns conta cunha dotación económica de 500 euros.
O acto contou coa asistencia e participación de representantes da practica totalidade das institucións organizadoras. Deste xeito, os alcaldes da Baña, José Andrés García Cardeso; de Carballo, Evencio Ferreiro; de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, e do Grove, José Antonio Cacabelos Rico, convertéronse en entregadores/as, ao igual que a concelleira de Cultura de Ourense, Belén Iglesias; a concelleira de Ames, Isabel Vaquero, e o concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, Alberto Oubiña Piai. Os representantes das universidades Carlos Aymerich (Universidade da Coruña), Manuel Núñez Singala (Universidade de Santiago) e Paulo Cabral Pedreira e Cristina Rodríguez Ricard (Universidade de Vigo) completaron o cadro de entregadores/as.

A Panadaría, compañía formada polas actrices Ailén Kendelman, Areta Bolado e Noelia Castro, ofreceron unha gala que xirou ao redor da xeración millenial, os contidos audiovisuais que se elaboran na rede na actualidade e sobre a figura dos youtubeir@s, mesturando o humor, a música e o protagonista dos/as 25 finalistas que aspiraban os premios. Pola súa banda, Mónica Fernández, coordinadora do Proxecto Youtubeir@s, destacou na súa intervención en nome da organización “a alta participación” e a “gran calidade” dos vídeos participantes nesta segunda edición. Fernández, ademais, definiu Youtubeir@s como “un proxecto colaborativo, rico en todos os aspectos, nas ideas” que permite que “as administracións, grandes e pequenas, da costa e do interior, de todas as provincias poidan xuntarse e sumar esforzos”. “Para a posta en valor e fomento do galego, coordinármonos, facermos cousas en conxunto é fundamental; así o entendemos desde os servizos de normalización lingüística que impulsamos Youtubeir@s, porque sumar é multiplicar”.

Nesta segunda edición, rexistráronse un total de 230 inscricións entre vídeos e canles participantes nas categorías de vídeo-facermos, vídeo-opinarmos ou canle. Nesta edición, a categoría que maior interese concentrou entre os concorrentes foi a de vídeo-facermos, na que competiro un total de 116 propostas, o cal representa o 50% dos vídeos a concurso. Mentres, a categoría de vídeo-opinarmos aglutinou o 38%, ao constar con 88 participantes. Dende o punto de vista temático, os datos amosan que nesta edición ten unha gran relevancia a igualdade de xénero, asunto social que centra unha parte considerable dos vídeos achegados. Tamén destacan as propostas de carácter didáctico. Consolidouse así unha vía que entende o YouTube en galego coma unha ferramenta educativa completamente válida. Cómpre tamén sinalar a participación de distintos centros de ensino do país.

GAÑADORES POR CATEGORÍAS

Categoría de vídeo-facermos:
• "Como escaquearse dunha comida familiar" de As Cousas do Choio

Categoría de vídeo-opinarmos:
• "A expedición Balmis e a vitoria da vacinación" de Xacobo de Toro Cacharrón

Categoría de canle:
• Nubes Baixo Ti

Categoría de creatividade:
• "Os cazapantasmas video-facermos" de Moustache Media Producciones

Categoría de eficiencia comunicativa:

• "O GALEGO FERMOSO (e o que non o é tanto)" de Aquel-e

Categoría de calidade técnica:

• "VIAXAR" de Aarón Vilariño Figueiras
Categoría de calidade lingüística:

• "Reivindicación oceánica¡¡¡" de Xosé Iglesias
Categoría de proposta youtubeira:
• "Como dar cartos ás agachadas" de As Cousas do Choio

R.