Skip to main content

Galicia será territorio piloto no desenvolvemento de solucións baseadas na tecnoloxía 5G

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Galicia conta con diferentes capacidades para posicionarse no desenvolmento de casos de uso que faciliten o despregamento destas redes nunha fase posterior.

Unha destas fortalezas é o hipersector TIC galego, formado por preto de 3.400 empresas e máis de 21.000 profesionais cun valor engadido bruto duns 1.200 millóns de euros, un 2,1% do PIB galego. Ademais, na Comunidade existen centros de referencia no eido tecnolóxico como as universidades e centros tecnolóxicos galegos de primeira orde en ámbitos coma as telecomunicacións, supercomputación ou a automoción internacional.

Tamén existen proxectos innovadores directamente relacionados coas tecnoloxías 5G. É o caso do corredoiro entre Vigo e Oporto para realizar ensaios transfonterizos en torno ao vehículo conectado ou a existencia dun Consorcio Aeronáutico de Galicia e a Civil UAVs Initiative no polo de Rozas.

Galicia é a terceira comunidade autónoma con máis cobertura de redes 4G, só por detrás de Madrid e País Vasco, o que pode facilitar a penetración futura de servizos 5G. A existencia dun operador público neutro, Retegal, con capacidade para facilitar e racionalizar os despregamentos de rede, é outro dos factores a favor da Comunidade.

Aínda que está previsto que as tecnoloxías 5G adquiran madurez tecnolóxica e comercial no período 2018-2020, o despregamento masivo deste tipo de redes estímase que terá lugar a partir do ano 2020 e antes requirirá resolver diferentes retos.

Entre eles, está atraer inversión para un despregamentos de rede cun elevado custe, xa que as redes precisan dunha ampla capilaridade; definir un modelo de negocio ou a necesidade lograr un estándar único global

Baixo o título “Oportunidades e retos das redes 5G”, a Amtega e a AETG organizaron primeiro foro de debate en Galicia sobre o marco no que se desenvolverán as redes 5G, o impacto que terán na sociedade galega, os retos para a súa implantación e o potencial do hipersector TIC galego para situarse neste contexto tecnolóxico emerxente.

O encontro busca ofrecer os puntos de vista, inquietudes e expectativas de todos os axentes implicados polo que está estruturado en diferentes bloques para dar voz a operadores, fabricantes, clientes, administracións públicas e entidades que están a traballar xa en iniciativas de 5G.

As redes 5G están a dar os seus primeiros pasos e espérase que nos próximos anos o seu despregamento sexa xa unha realidade e pasen a converterse nunha infraestrutura básica para a transformación dixital, xunto con outras tendencias como o big data, a intelixencia artificial ou a internet das cousas.
R.