Este domingo, en Guitiriz, homenaxe aos coruñeses ‘Irmáns da lexía’

Dentro dos actos a celebrar este domingo está o "Primeiro Memorial “Irmáns da Lexía” ás 11:00 cun partido alevín e xuvenil no campo de Guitiriz. E ás 12:00, xogarase o “I Trofeo Bebel” en honor a Bebel García xogador do Deportivo nos anos da República.
Ás 14 horas realizarase unha ofrenda froral no monumento de Santa Mariña de Lagostelle. A continuación haberá un xantar de irmandade. Os actos rematarán ás 17 horas con diversas actuacións musicais.
A homenaxe está organizada pola Irmandade Manuel María, e Xermolos, xunto con Riazor Blues coa adhesión de numerosos colectivos, entre eles a Asociación de Recuperación da Memoria Histórica.

R.