Inaugurado o Congreso Internacional da Asociación Española de Ciencias do Deporte que se celebra na Coruña ata o día 23

Marta Míguez resaltou o traballo dos profesionais que participan no Congreso Internacional da Asociación Española de Ciencias do Deporte e subliñou a importancia das súas achegas en medicina, fisioloxía, biomecánica , psicoloxía e socioloxía do deporte, o ámbito educativo, o adestramento deportivo e mesmo coa utilidade do socorrismo e os primeiros auxilios en emerxencias deportivas.
A secretaria xeral para o Deporte explicou que o traballo dos expertos nos distintos ámbitos vinculados ao feito deportivo “é fundamental para o seu desenvolvemento e garante o seu futuro nas mellores condicións” e felicitou aos poñentes e expertos que participan da décima edición deste congreso internacional “por ser parte co-responsable dos avances e innovacións técnicas dos últimos anos”. Neste sentido animoulles a “seguir progresando para ofrecer máis posibilidades e beneficios aos nosos cidadáns e deportistas” porque, engadiu “se sabemos coidar aos nosos deportistas estaremos mellorando a calidade de vida da poboación e creando unha Galicia mellor, máis saudable e activa, apoiada no bo traballo de grandes profesionais”.
R.