Un encontro co audiovisual galego reúne á industria internacional no marco do European Film Market de Berlín
O audiovisual galego presentouse onte, luns, en Berlín, diante da industria cinematográfica internacional, nun encontro celebrado no marco da 31ª edición do European Film Market (EFM), que se desenvolve do 7 ao 15 de febreiro en paralelo á Berlinale, e que estivo organizado polo Clúster Audiovisual Galego e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).
Para a celebración deste evento especial, a organización volveu a escoller o Academie Lounge de Berlín, local situado moi próximo ás sedes do mercado, que este luns reuniu a 200 profesionais coa finalidade de intensificar as relacións entre os representantes do audiovisual galego desprazados e a industria internacional convidada. Este encontro facilitoulles aos profesionais a posibilidade de ampliar a súa axenda de contactos e detectar potenciais clientes ou colaboradores.
Durante o encontro proxectáronse varios vídeos promocionais do audiovisual galego e distribuíuse entre os asistentes a edición actual do Catálogo de Servizos ofrecidos polas empresas do Clúster, que interveñen en toda a cadea de produción do sector.
Tamén contou cun espazo destacado a película “Elisa y Marcela”, coa que a directora Isabel Coixet compite polo Oso de Ouro, rodada en diversas localizacións de Galicia e que conta con participación galega a través da Televisión de Galicia e da produtora Zenit TV, adxudicataria dunha das axudas á produción da Agadic. O filme, que narra a historia das dúas mestras galegas que lograron casar en 1901 na Coruña ao facerse pasar unha delas por home, terá a súa premiere o día 13 no festival de Berlín e poderase ver a nivel mundial na plataforma Netflix.
Por parte do Clúster, o encontro de Berlín trátase dunha acción realizada dentro do Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios, co apoio financeiro do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Xunta de Galicia e a Unión Europea.
Delegación galega no EFM
Unha ampla delegación comercial galega, coordinada pola Xunta de Galicia a través da Agadic, está a participar na 31ª edición do European Film Market, un dos máis importantes do sector a nivel mundial, con cadansúa carteira de títulos tanto en proxecto como en fase de produción ou xa rematados.
Entre as empresas galegas presentes na cidade alemá encóntranse as socias do Clúster Ficción Producciones, Filmax, Frida Films, Gaitafilmes, Matriuska Producciones, Portocabo e Zenit TV, ademais doutras como Big Rights, Boneca Lareta, Esnatu Zinema, Filmika Galaica, Numax Distribución, Noveolas Producciones, Ollovivo Producións, Vaca Films, Vía Láctea Filmes e Zeitun Films.
A delegación galega conta cun espazo propio para o desenvolvemento de reunións de traballo e a difusión da súas producións dentro do pavillón oficial Cinema from Spain, situado no Martin-Gropius-Bau, e promovido polo ICEX España Exportación e Inversiones e o Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA).
Desde este espazo achégaselle tamén aos axentes de vendas internacionais a nova edición para 2019 do catálogo Films from Galicia, unha escolma de 43 producións e proxectos de longametraxes de ficción, animación e documentais, ademais de películas, series e formatos de televisión, así como o de Shorts from Galicia, dedicado ás curtas.
O EFM é un dos mercados de compravenda de contidos cinematográficos máis importantes do mundo. O ano pasado reuniu en Berlín a case 10.000 profesionais de 112 países, dos que máis de 1.800 eran compradores

R.