Skip to main content

'Valente Infinito', de Claudio Rodríguez Fer, conmemora o noventa aniversario do nacemento do poeta

A primeira parte de Valente infinito, aborda, baixo o título "Todos los géneros, todas las lenguas", ao creador total, que cultivou todos os xéneros literarios; ao ensaísta extremo, que reflexionou sobre as máis variadas materias; ao tradutor transparente, que manexou sete idiomas nas súas versións; e ao escritor bilingüe, que cultivou con igual calidade o castelán e o galego, a súa lingua orixinaria.

E, na segunda parte, titulada "Todas las culturas, todas las épocas", móstranse algunhas das principais conexións culturais e interculturais de Valente (dende os clásicos casteláns aos haikús orientais, pasando por referentes tan fundamentais na súa obra como Hölderlin, Borges, a cábala ou o sufismo), así como as súas principais incursións interdisciplinarias, centradas na música e nas artes plásticas. E a isto cómpre engadir, como documento ao tempo humano e intelectual, a súa relación epistolar co grupo poético do 27 (neste caso concretada no epistolario con Jorge Guillén) e cos escritores latinoamericanos (aquí circunscrita a Octavio Paz, Julio Cortázar e Mario Vargas Llosa).

Finalmente, a obra inclúe unha mostra da íntima e entrañable amizade de Valente con Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, quen remata o volume co seu poema “Nostalxia de nós”, inspirado pola última vez que se viron.

R.