Skip to main content

A Xunta aproba o maior investimento público realizado ata o de agora no sistema científico universitario galego con 20.500.000€

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
O vicepresidente da Xunta destacou que con este investimento, un 66% maior que na anterior convocatoria en termos relativos, “avánzase na consolidación dunha estrutura de I+D+i máis forte e competitiva no ámbito estatal e europeo”.

Nesta mesma liña, Rueda explicou que deixan de existir as dúas escalas que viñan definidas desde o ano 2016 (centros singulares de investigación e agrupacións estratéxicas), para integrarse nunha única escala de centros de Investigación.

Ademais, esta convocatoria pretende atraer talento e mellorar a posición das universidades nas clasificacións internacionais. A partir dese dobre obxectivo, establécese un procedemento regrado para a acreditación, estrutura e mellora dos centros de investigación. Deste xeito, a partir de agora, para optar a este financiamento, os centros deberán someterse a un proceso de avaliación estandarizado que levarán a cabo recoñecidos expertos alleos ao sistema galego. Nesa avaliación, teranse en conta aspectos como a captación, formación e retención de talento; a investigación de referencia competitiva e a captación de fondos competitivos de centros nacionais e internacionais.

En base ao resultado dese procedemento, o financiamento pode variar entre un máximo de 1 millón de euros e un mínimo de 500.000 euros por centro, en función da cualificación obtida nesa avaliación.
R.