Skip to main content

En Galicia un de cada cinco traballadores é autónomo, e a Comunidade é a que conta cunha maior estabilidade neste tipo de emprego

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou na Coruña, durante a celebración do primeiro Venres Autónomo, a importante contribución das persoas autónomas á creación de emprego e riqueza en Galicia. Por iso, sinalou, se poñen en marcha este tipo de encontros para “achegarnos á realidade que ten este sector, identificar máis medidas e sobre todo escoitar cales son as súas demandas”.

Tal e como subliñou Francisco Conde, o obxectivo da Xunta é achegar un apoio integral ás persoas autónomas, impulsando os procesos de crecemento; a innovación, a internacionalización e a profesionalización; e facilitando aspectos como a conciliación.

En Galicia un de cada cinco traballadores é autónomo, e a Comunidade é a que conta cunha maior estabilidade neste tipo de emprego, tendo 6 de cada 10 negocios máis de cinco anos de antigüidade. A través da Estratexia Autónomo 2020, un acordo consensuado co sector a través da Mesa do Autonómo, achéganse medidas para facer máis doado o día a día dos traballadores, que incluén o fortalecemento do negocio, a contratación (sobre todo de mulleres e xente nova) e a atención ás novas demandas. Pódese obter información de todos estes apoios a través da Oficina do Autónomo (http://oficinadoautonomo.gal/).

O conselleiro, que sinalou que cada vez a cultura emprendedora en Galicia ten máis solidez, apuntou durante a súa intervención que, como Administración, cómpre tomar exemplo deste colectivo que é sinónimo de implicación, traballo constante e ilusión.
R.