'Os nove anos de Fraguas en Lugo' exhíbese no pazo de San Roque (Santiago de Compostela) durante esta semana

"Os nove anos de Fraguas en Lugo"
Convocados polo profesor Manuel Regueiro Tenreiro, que tivo gran relación profesional e persoal con don Antonio Fraguas, reuniron recordos o historiador Antonio Prado Gómez (ao que nada do antigo “Instituto Masculino de Lugo” lle é alleo), e os antigos alumnos do vello profesor, Paco Martín, Xulián Parga e Xulio Xiz, para –por serlle dedicado a Fraguas o Día das Letras Galegas do ano 2019– facer un achegamento á pegada que o Mestre Fraguas deixou na cidade das murallas, e en todos os que tivemos / tiveron a sorte de telo por docente e amigo.
O proxecto "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO” contou coa colaboración do Colectivo Egeria e de GaliciaDigital no desenvolvemento de todas estas accións, e co apoio da Xunta de Galicia.
Fotografía: O pintor Manolo Romero entrega un cadro de Fraguas ao representante do Museo do Pobo Galego e da Fundación Fraguas, Lino Lema Bouzas.
R.