Escolas galegas e portuguesas convocadas a celebrar o 25 aniversario de 'Ponte...nas ondas!'
As escolas participarán realizando tanto programas en directo como gravados, onde traten diferentes temáticas relacionadas co patrimonio inmaterial galego-portugués. Moitas delas tamén acudirán ao estudo de radio instalado no campus da Universidade de Vigo para facer dende alí as súas intervencións en directo que serán emitidos por UVIGO TV. Outros centros elaborarán os seus programas en audio e/ou vídeo para seren emitidos o 27 de marzo en directo desde as súas propias escolas ou a través das webs de PNO! Ademais, os centros educativos que o desexen poden organizar no seu concello ou comarca calquera acto que visibilice o labor da radio e o patrimonio realizado por Ponte…nas ondas! ao longo destes 25 anos ou colaborar con emisoras locais para divulgar o evento.
Colaboracións
Coa xornada do aniversario van colaborar artistas e xornalistas de radio que ao longo destes anos viñeron achegando o seu apoio á experiencia, para iso están previstas conexións con emisoras de España e Portugal.
Día Mundial da Radio: A diversidade
PNO! convida tamén ás escolas a sumárense á celebración do Día Mundial da Radio que a UNESCO promove en todo mundo cada 13 de febreiro.
A temática proposta pola UNESCO en 2020 é a DIVERSIDADE en todas as súas manifestacións: diversidade cultural, diversidade de xénero, diversidade de idades, nacionalidades, etc. Ponte…nas ondas!, como experiencia de radio interescolar multimedia, propón ás escolas que expresen a súa diversidade empregando todas as posibilidades que ofrece a radio en todos os seus xéneros xornalísticos ( entrevistas, reportaxes, opinións, etc. ), formatos ( audios, podcasts, vídeos, etc. ) e transmisións ( FM, radio online, redes sociais ).
Outros eventos de celebración do 25 Aniversario de Ponte…nas ondas!
Ao longo de 2020 Ponte...nas ondas! realizará outras actividades, como unha nova edición do certame de recolla “As imaxes do Patrimonio”, convocatoria xa aberta ás escolas deica o mes de xuño. Tamén está xa aberta a segunda edición do Certame de Podcasts en galego Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”. Ademais, o 15 de maio realizarse unha xornada galego-portuguesa de xogos tradicionais.
Cara ao final deste ano de aniversario da pioneira ponte interescolar transfronteiriza, a asociación celebrará o Día Internacional do Patrimonio, con diversas actividades co patrimonio inmaterial galego-portugués como eixo central. Unha Mostra da Oralidade galego-portuguesa realizarase en Vigo no mes de novembro.
Ademais, durante todo o ano, os centros educativos acollen obradoiros de radio organizados por PNO! que vén dinamizando a radio escolar como unha ferramenta pedagóxica que desenvolve as competencias do alumnado.
Vintecinco anos de traballo en prol do patrimonio
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…Nas Ondas!, organizadora do certame, acumula un amplo traballo na divulgación do patrimonio inmaterial galego-portugués. Desde 2016, a UNESCO ten acreditada a Ponte... Nas Ondas! como ONG consultora para o patrimonio inmaterial.

R.