Skip to main content

Os usuarios do transporte público poderán utilizar desde hoxe a totalidade dos asentos

A resolución atende ás novas disposicións establecidas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e polo de Sanidade para flexibilizar certas limitacións na prestación dos servizos de transporte público. Estas medidas teñen como obxectivo compatibilizar a progresiva flexibilización das condicións de ocupación do transporte coas prioritarias garantías sanitarias.

Trátase de garantir unha mobilidade segura no transporte público, que está a rexistrar un incremento de usuarios nas últimas semanas co incremento paulatino dos desprazamentos dos cidadáns.
R.