Galicia pechou o primeiro cuadrimestre sendo a Comunidade Autónoma co tempo de pago a proveedores máis baixo de España

En canto á evolución da débeda comercial, os datos do informe elaborado polo Ministerio de Facenda tamén sitúan a Galicia como a comunidade autónoma con menor débeda comercial de España ao peche dos primeiros catro meses do ano.
Segundo o informe do ministerio, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no mes de abril no 0,09%, a débeda comercial máis baixa de España e catro veces inferior á media autonómica, que foi do 0,37%. Ao peche do cuadrimestre, a débeda comercial do conxunto das comunidades autónomas era de 4.110,3 millóns de euros, dos que 51,7 millóns –o 1,2% do total- corresponden a Galicia.
R.