A Xunta reclama ao Goberno que fixe un prezo eléctico competitivo a curto prazo para evitar os despedimentos en Alcoa San Cibrao

Do mesmo xeito, o conselleiro, que solicitou á empresa que paralice o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) mentres se busca unha solución, sinalou ao mesmo tempo que o Goberno debe reaccionar e poñer sobre a mesa medidas que garantan un prezo eléctrico competitivo para a planta de San Cibrao a curto, medio e longo prazo. Neste sentido, reclamou ao Goberno que non peche a mesa industrial ata garantir o mantemento dos empregos.
O conselleiro lembrou a proposta realizada pola Xunta de destinar á electrointensividade unha parte dos fondos europeos que Galicia poida recibir polos plans de industrialización das empresas que desenvolven servizos esenciais, así como un préstamo participativo para completar a modernización da empresa e garantir a súa produción durante as próximas décadas.
O titular de Economía, Emprego e Industria sinalou que “a Administración autonómica lle trasladou ao Goberno o seu compromiso de traballar conxuntamente cos ministerios de Industria e Transición Ecolóxica nun plan industrial”.
R.