Brote de 8 casos positivos de coronavirus na comarca da Mariña
Desde o momento no que o Sergas detectou o primeiro positivo do foco identificado, activouse o protocolo de seguimento e realizáronse as probas PCR a todos os contactos estreitos deste positivo.
Neste momento, dos oito casos positivos a maioría son asintomáticos, agás dous que presentan sintomatoloxía de carácter leve, máis teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecerán en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas. Ningún afectado tivo que ser hospitalizado.
A Consellería de Sanidade leva rastrexado ata o momento a unhas 40 persoas relacionadas con este brote familiar e séguense a investigar posibles contactos.
Dende o Sergas destacan o correcto funcionamento dos protocolos de vixilancia e control e lembrar á ciudadanía a necesidade de continuar a aplicar as medidas hixiénico-sanitarias establecidas desde o inicio da pandemia do coronavirus, poñendo especial énfase na necesidade de empregar sempre as máscaras, naqueles espazos onde non é posible gardar a distancia de seguridade social.
A Consellería de Sanidade reitera á cidadaníaque empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 881 00 20 21 para persoas de fóra da comunidade autónoma que visiten Galicia e desexen consultar dúbidas ou sintomatoloxía relacionada co Covid-19.
R.