Skip to main content

Agradecemento da Xunta polo acordo de Alcoa e o Comité de Empresa

Sabendo que son máis as cousas que nos unen que as que nos poden separar, hoxe ábrese unha nova oportunidade. Seis semanas para dar unha solución a un milleiro de familias, entre traballadores da planta de aluminio e das auxiliares.

Agora ben, desde a Xunta apelamos a que todas as partes actúen con responsabilidade. Desde o Goberno galego mantemos o noso compromiso de seguir defendendo un sector estratéxico da nosa economía, de seguir defendendo a única fábrica de aluminio primario activa nestes momentos en España e de colaborar no desenvolvemento dun plan industrial que garanta a viabilidade a futuro da actividade e dos empregos.

Debemos aproveitar esta inercia positiva para buscar puntos de encontro, agardando que o Goberno fixe un marco enerxético estable que favoreza non só un futuro para a comarca da Mariña, senón tamén para toda a industria electrointensiva galega.

É agora ou nunca: seis semanas para traballar desde o primeiro día na procura dunha solución viable e con futuro. Galicia e a comarca da Mariña merécense esta oportunidade.
R.