A Rede de Teatros e Auditorios retoma a actividade recuperando neste semestre a meirande parte dos espectáculos adiados
Esta carteleira tradúcese na contratación de 110 formacións artísticas dedicadas de xeito profesional aos ámbitos do teatro, danza, música, novo circo e maxia. A Rede Galega de Teatros e Auditorios será, ademais, o escenario para a estrea absoluta de varios espectáculos galegos, como é o caso de dous cos que se reactiva a actividade esta fin de semana. Dunha banda, Soga e cinsa, unha montaxe de Aporía Escénica sobre a caza de bruxas que contou para a súa produción cunha subvención autonómica á creación escénica e que poderá verse hoxe e mañá ás 20,00 h. no Auditorio Municipal de Vigo. E doutra, Pura, unha homenaxe de Náufragos Teatro á terceira idade e aos seus recordos, que se exhibirá por vez primeira ao público no Teatro Rosalía Castro da Coruña mañá, ás 20,30 h.
Fin de semana de teatro
Esta fin de semana haberá tamén representacións en Arteixo con O premio, de La Quintana Teatro, que poderá verse hoxe no Auditorio do Centro Cívico Cultural, así como mañá no Teatro Pastor Díaz de Viveiro; en Santiago de Compostela con A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, hoxe e mañá; en Cedeira con Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos, mañá no Auditorio Municipal, e en Lugo con Show de Barallocas, que Teatro Marionetas Trécola escenificará o domingo no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Ademais das devanditas estreas de Aporía Escénica e Náufragos Teatro, outras compañías galegas traballan xa nos en novos espectáculos que terán as súas primeiras representacións públicas no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Entre elas, por exemplo, Anómico Teatro con Anxos abandonados en mosaicos despois do combate (26 de febreiro no Auditorio Municipal de Vigo), Producións Teatráis Excéntricas con Strela do día (27 de febreiro no Teatro Rosalía da Coruña), Os Monicreques de Kukas con Don Gaiferos (5 de marzo no Teatro Principal de Santiago) e Pistacatro con Drop (19 de marzo, tamén no Principal compostelán), entre outras.
Clasificación por provincias
De todos os colectivos artísticos contratados, a gran maioría teñen a súa sede en Galicia e, por xéneros, o teatro familiar e para adultos é o que rexistra unha maior presenza, con preto do 90 por cento da actividade. Atendendo a unha clasificación por provincias, os 20 municipios participantes da Coruña asumen máis de 150 funcións, 55 os seis de Lugo, 16 os catro de Ourense e 88 os 11 municipios da provincia de Pontevedra, cun investimento compartido entre a Xunta e as entidades locais próximo ao millón de euros. Non se ten en conta nesta contabilización a programación inicialmente prevista no Auditorio Municipal de Ourense, que foi aprazada polo Concello con anterioridade ao peche sanitario.
Retómase así a actividade dun dos principais circuítos galegos para a distribución de espectáculos escénicos, á que se sumarán nos vindeiros meses as convocatorias cara ás novas edicións de Cultura no Camiño e da Rede Galega de Salas. De feito, o ano pasado −pese á evolución da pandemia e coa seguridade do público e dos artistas como prioridade− a Rede Galega de Teatros e Auditorios achegoulle ao público 488 actuacións en 38 municipios, para as que se contrataron 148 formacións profesionais.

R.