Unha nova edición do catálogo interactivo 'Films from Galicia' promove a produción audiovisual galega máis recente
Como cada ano, Films from Galicia recolle a meirande parte da recente produción audiovisual do país, tanto dos traballos completados como dos que están en proxecto, a partir dos datos facilitados directamente polas empresas produtoras en resposta á convocatoria lanzada para este fin a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
Para a súa presentación, as obras clasifícanse en catro grandes seccións. Así, Pics recolle nove longametraxes de ficción rematados e 14 en desenvolvemento; Docs, 12 documentais realizados e 11 en proxecto; Toons ofrece cinco títulos de animación de próxima estrea; e TV Series achega oito producións televisivas que xa se poden ver nas pantallas e outras catro que chegarán proximamente ás mesmas.
As fichas de cada un destes traballos compóñense con datos dos equipos, as sinopses argumentais e contactos internacionais de cada produtora, así como os principais apoios obtidos polos proxectos, entre os que destacan os recibidos desde a Xunta de Galicia a través das diferentes liñas de subvención ao sector.
Variedade de rexistros
Films from Galicia amosa a variedade de rexistros e temas que aborda o audiovisual galego actual, con películas que están agora en cines comerciais, que colleitaron premios e recoñecementos no ámbito nacional e internacional ou con series de televisión de éxito nas principais plataformas de consumo baixo demanda.
Deste xeito, nos apartados de títulos rematados integran Films from Galicia 2021 as películas Cuñados, Jacinto, 9 Fugas, María Solinha, Ons, Lúa vermella, Hasta el cielo, A illa das mentiras e Eles transportan a morte en Pics; A Cero 5, Alén da Terra, No somos nada, Escribir o imposible, Clown’s Planet, Eu tamén necesito amar, El futuro de la mente, Nación, Resonancias do pasado, O gran Camiño, A poeta analfabeta e A virxe roxa en Docs; e 3Caminos, Chegar a casa, Auga seca, Hierro, O sabor das margaridas, Método criminal, La Unidad e A lei de Santos en TV Series.
A visión do sector audiovisual galego que ofrece Films from Galicia complétase co catálogo Shorts from Galicia, dirixido este prioritariamente aos programadores dos festivais especializados en curtametraxes e que iniciou a súa difusión na última edición do festival de Clermont Ferrand (Francia). Nel inclúese a información e o acceso profesional á visualización dos últimos traballos de Iria Silvosa, Xacio Baño, Alberto Vázquez, Eloy Domínguez Serén, Dani Viqueira, Enar de Dios Rodríguez, Carla Andrade e Sol Mussa.
Tanto o catálogo interactivo Films from Galicia como a versión dixital de Shorts from Galicia poden consultarse na páxina web da Agadic.

R.