O Festival Plataforma 2021 arrinca en Santiago con preto dunha trintena de propostas culturais

Así, ao longo de dúas semanas, daranse cita preto dunha trintena de propostas culturais, que comezarán mañá no Museo das Peregrinacións e de Santiago coas conversas organizadas cos creadores Verónica Moar e Álvaro Valiño sobre deseño performativo. O Festival Plataforma traerá tamén á coreógrafa, bailarina e artista visual La Ribot, que ofrecerá a súa visión sobre a danza contemporánea nun novo formato coreográfico Las piezas distinguidas. Poderá verse o 1 de xuño no CGAC e se completará cunha conversa coa artista ese mesmo día.
O CGAC acollerá tamén en estrea absoluta a proposta artística da bailarina e creadora galega Janet Novás Where is Janet? o venres 28 e o sábado 29 de maio e a programación do Festival inclúe así mesmo a exposición Accións peregrinas que recompila algunha das instalacións paradigmáticas da artista Pilar Albarracín.
Exposicións e concertos
Ademais de nestes museos, tamén se celebrarán concertos, performance e exposicións en espazos como a praza do Obradoiro e a praza da Quintana, o parque de Belvís e o parque de Bonaval, a praza de Mazarelos e a praza de San Martiño Pinario, a Facultade de Xeografía e Historia e a Igrexa da Universidade.
En conxunto, contarase coa participación de artistas como Mariana Tegner Barros. Janet Novàs, Mar Ramón + Da Rocha, Félix Fernández, Mónica Mura, Fundación DIDAC, Lara Dopazo Ruibal, Vacaburra, Vasco Araújo, Pilar Albarracín, Marta Verde+ DJ, Anacos. Estarán abandeirados, entre outros por contribucióins como La Ribot, Christian García Bello, Mirar o son, Manuel Eirís, Juan López e a banda municipal de Compostela, Cabello /Carceler, Paula Quintás, Berio Molina e Alejandra Pombo, Orquestra Galega de Liberación, Olalla Cociña, Menina arroutada, Marta Fernández Calvo, Pablo Fidalgo, Vertixe Sonora, María Roja, Lar Legido. Cenlitrosmetroscadrado, María Ramos, Adriana Pazos Ottón.
O festival Plataforma de artes performativas celebra así a súa segunda edición. É un proxecto de Performa, Sociedade Cooperativa Galega que producen conxuntamente a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela e no que colaboran a Fundación María José Jove, a Universidade de Santiago de Compostela e a Deputación da Coruña. A programación completa pode consultarse na web www.plataforma.gal.
R.