Skip to main content

Actualizada a regulación da marca Xacobeo 21-22

O Consello da Xunta ven de dar o visto e prace ao proxecto de decreto polo que se actualiza a regulación da marca Xacobeo 2021 que recollía o manual de identidade gráfica anterior á prórroga do Ano Santo ata o 31 de decembro de 2022.Cómpre lembrar que o pasado 9 de abril, o Consello Xacobeo aprobou a actualización do logotipo do acontecemento excepcional interese público Ano Santo Xacobeo 2021 para a súa adaptación á duración do programa de beneficios fiscais ata o 30 de setembro de 2022, segundo se recolle no Real decreto 17/2020,do 5 de maio, polo que se aproban medidas de apoio ao sector cultural e de carácter tributario para facer fronte ao impacto da COVID-19.

A decisión da Santa Sé de prorrogar o Ano Santo ordinario de 2021 ata o 31 de decembro de 2022 por mor da pandemia para evitar aglomeracións, como se recolle no decreto da Peninteciaría Apostólica do 1 de decembro de 2021, constitúe unha oportunidade de potenciar Galicia e de reforzar a dimensión internacional dos Camiños de Santiago e da propia comunidade. Por iso se fai necesario actualizar a regulación da marca Xacobeo 21 que recollía o manual de identidade anterior á prórroga do Ano Santo.

A marca Xacobeo 21-22 aplicarase sempre que proceda á adquisición, reposición ou reedición dos elementos que deban exhibila, sen prexuízo de que a Administración xeral e o sector público autonómico seguirán empregando ata esgotarse as existencias de material impreso de papelaría corporativa anteriores á entrada en vigor do decreto.

O manual estará dispoñible no enlace https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/xacobeo-21-22?langld=%C3%A9%20%C3%8B e o decreto estará vixente desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia(DOG) ata o 31 de decembro de 2022.
R.