Presentado o primeiro dicionario galego-ruso
A Xunta de Galicia presentou hoxe o primeiro Dicionario galego-ruso nunha rolda de prensa na que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o autor, Aleksandr Dziuba, profesor e auxiliar de conversa na Escola Oficial de Idiomas da Coruña.
O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade agradeulle a Dziuba a colaboración “para poñer en marcha esta ferramenta novidosa que constitúe unha importante achega lexicográfica que afianza o vínculo entre o galego e o ruso e que incide, ademais, na proxección internacional e no coñecemento da lingua propia de Galicia”. Valentín García recordou que a Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta “ten precisamente na Universidade de San Petersburgo un dos centros de referencia no ámbito internacional na tradución ao galego, dirixido pola profesora Elena Zernova”.
O Dicionario galego-ruso, concibido no ano 2020, pretende ser a primeira tentativa dun gran dicionario galego-ruso que inclúa tanto o léxico normativo, recoñecido pola RAG, coma palabras e mais expresións que actualmente se atopan fóra da norma estándar, a pesar de se empregaren no discurso escrito e na fala, que ademais aparecen nas obras clásicas e modernas da literatura galega.
Dicionario dixital con acceso libre e de balde
O novo Dicionario galego-ruso está accesible de balde desde o Portal da Lingua Galega. Ten como persoas destinatarias as especialistas en lingua e cultura galegas, tradutoras, lexicógrafas, romanistas, comparatistas, profesorado e estudantado que aprende galego, e tamén galegos e galegas que aprenden ruso.
Esta primeira edición conta con case 11.000 lemas organizados por orde alfabética e actualizarase periodicamente ata chegar ás 40.000 entradas. Amais, nas edicións posteriores planéase incluír un apéndice gramatical que conteña toda a información necesaria para saber as regras básicas da lingua galega. Un dos obxectivos principais da obra lexicográfica é crear unha ponte directa entre as culturas galega e rusa, que permita facilitar o proceso de aprendizaxe de ambas as dúas linguas e o traballo de tradución de textos literarios ou específicos de galego a ruso sen ter que acudir aos outros idiomas mediadores (castelán, portugués, inglés etc.).
O autor, Aleksandr Dziuba, agarda que a publicación axude a aumentar a cantidade de traducións das obras literarias galegas ao ruso, “xa que a fermosa literatura multisecular galega merece moita máis sona no mundo non galegofalante, e ademais provoque unha nova vaga de interese na cultura e lingua rusas entre os galegos e galegas e viceversa”.

R.