O XI Encontro de Artistas Novos promove a arte contemporánea apoiando a 40 creadores emerxentes
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, deulles esta mañá a benvida aos 40 creadores e creadoras que participan na undécima edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, EAN11. Co obxectivo de apoiar a arte emerxente e promover a creación contemporánea, o Encontro ofrece a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no Gaiás, durante a que compartir experiencias e procesos creativos e aprender de artistas consolidados como Abel Azcona, Marina Vargas, Eugenio Merino ou Eva Díez, que participan como relatores nesta edición. O EAN está impulsado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura –enmarcándose na programación do Xacobeo 21-22– e conta coa colaboración da Fundación Banco Sabadell.
A apertura deste encontro, celebrada no Xardín do Teatro da Cidade da Cultura, contou coa participación, ademais do titular de Cultura do Goberno galego, do presidente da Fundación Banco Sabadell, Miquel Molins; do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; do director do EAN, Rafael Doctor, e da directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.
O conselleiro destacou o EAN como “unha das citas de referencia da arte contemporánea da Península, como demostra cada ano o talento das e dos participantes seleccionados, e tamén a traxectoria e prestixio dos artistas que en cada edición achegan os seus coñecementos e amosan os seus procesos de traballo a toda unha nova xeración de creadores na procura de aprendizaxes compartidas”. O titular de Cultura da Xunta sinalou ademais que o Encontro “demostra ao longo das súas 11 edicións o compromiso e apoio decidido á creación emerxente por parte do Goberno galego, cun espazo consolidado no que visibilizar, compartir e arroupar os que de seguro serán os grandes nomes da arte contemporánea dos anos vindeiros”.
Román Rodríguez destacou tamén que, na liña das últimas edicións, o EAN forma parte da programación do Xacobeo 21-22, de xeito que o Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, dirixido aos participantes no Encontro, ten como eixo un ano máis os Camiños xacobeos e ofrece aos artistas “a oportunidade e o desafío creativo de empregar como espazo expositivo non convencional estas singulares torres de pedra e cristal, deseñadas por John Hejduk”.
Preto de 700 creadores a longo destas edicións
Miquel Molins quixo destacar o compromiso da Fundación Banco Sabadell coa creación contemporánea sinalando que “o apoio ao talento mozo é un dos obxectivos principais da nosa Fundación, polo que é unha grande satisfacción para min que, a pesar das condicións nas que nos atopamos, se poida celebrar con certa normalidade unha nova edición desta magnífica iniciativa que representa, sen ningunha dúbida, unha oportunidade única para os artistas emerxentes que se reúnen hoxe aquí”.
Pola súa banda, Rafael Doctor tivo unhas palabras de lembranza para preto de 700 creadores e creadoras emerxentes que pasaron xa polo EAN ao longo das súas once edicións, entre eles recoñecidas figuras como Jorge Perianes, Lois Patiño, Jesús Madriñán ou Nuria Güell, nun momento no que aínda comezaban a abrirse paso no mundo da arte.
Artistas convidados
Nesta edición do Encontro contarase coa participación como relatora da artista visual Marina Vargas (Granada, 1980) –encargada da conferencia inaugural do encontro– quen coa súa obra, que ten exposto en países como España, Italia, México, EE.UU. ou A Arxentina, busca re-significar a iconografía da arte e da cultura visual, propoñendo novas lecturas dos mesmos baixo unha óptica feminista. Esta edición incluirá tamén dúas conferencias de Eva Díez (Vigo, 1982), cuxo traballo cualificado de fotopoético exhibiu en museos, feiras e galerías de arte contemporánea de España, Francia, Portugal ou Brasil, recibindo recoñecementos como o Premio de Fotografía Joven Fundación ENAIRE de 2020, o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2015, ou o Premio Art Photo Bcn 2015; e de Eugenio Merino (Madrid, 1975), autor de controvertidas obras coas que aborda cuestións políticas, relixiosas e sociais coa ironía, o humor e a metáfora como ferramentas.
Pechará o EAN11 o relatorio de Abel Azcona (Madrid, 1988), considerado o enfant terrible da arte en acción e un dos artistas máis destacados e transgresores dos últimos anos, cun traballo que nace desde a performance para evolucionar en instalación, escultura, vídeo ou pintura, e explorar temas como os dereitos humanos, a inxustiza social, o xénero, a diversidade, a desigualdade ou a relixión. A súa obra foi exhibida en museos e galerías de todo o mundo, entre os que destacan o Arsenal de Venecia, o Leslie Lohman Museum de Nova York, o Palais de Tokyo de París, o Palacio Nacional de Belas Artes de Bangladesh ou o Museo de Arte Contemporáneo de Bogotá, que lle dedicou unha retrospectiva cunha ampla selección da súa obra en 2014.
Catro días de convivencia no Gaiás
Ata o vindeiro xoves, os artistas emerxentes participantes no EAN11 poderán darlle visibilidade ao seu traballo no xa clásico Foro Aberto, onde realizarán unha presentación centrada no seu proxecto creativo persoal, servindo de plataforma e escaparate das súas creacións.
Os participantes convivirán tamén con tres observadores ou art followers, tres nomes de recoñecida traxectoria que, desde o seu traballo no eido curatorial ou do xornalismo cultural apoian os novos creadores e seguen de preto as novas tendencias da arte emerxente. Neste caso, serán o xornalista e comisario Javier Díaz-Guardiola; o artista, comisario e conservador xefe da Fundación Granell, Eduardo Valiña, e a comisaria e directora artística das feiras JustMAD (Madrid) e JustLX (Lisboa), Semíramis González.
O Encontro rematará o xoves 26 de agosto coa inauguración da proposta gañadora na edición de 2020 do Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, un traballo que leva por título En terra firme, dos artistas Ana Núñez Rodríguez e Sebastián Sandoval Quimbayo.

R.