Skip to main content

A revista New Medical Economics distingue a Galicia como a Comunidade Autónoma con actividade sanitaria máis innovadora

Ademais, a inclusión da cirurxía avanzada robótica nas sete áreas sanitarias supuxo, tamén, un salto cualitativo. Ao mesmo, o Sergas foi o primeiro servizo publico sanitario de España en poñer a disposición dos pacientes a tecnologia HIFU para o tratamento dos tremores xerados por diferentes patoloxías, como é o caso do parkinson. Xunto ao anterior, o departamento sanitario galego seguiu apostando polos procesos de compra pública innovadora para mellorar os servizos asistenciais.

Sinalar que New Medical Economics outorga os seus premios a investigadores, compañías e administracións que contribúan, de forma significativa, ao desenvolvemento da Biomedicina e as Ciencias da Saúde en España, e que manteñan unha actividade investigadora, innovadora, de xestión e de atención ao paciente.
R.