Skip to main content

Rueda cualifica o derrubamento do tramo da A-6 como un problema de índole nacional e reclama á ministra de Transportes que sexa abordado coa máxima prioridade

Sobre este punto, salientou “as enormes dificultades” que están a padecer as empresas para transportar os seus produtos e que fan “inviables” os seus negocios.

Ao longo da súa intervención, o titular do Goberno galego insistiu tamén en que a sociedade galega merece contar con información fiable, completa e en tempo real sobre as causas e consecuencias desta catástrofe. Debe saber, dixo, “canto antes” os motivos do colapso, os prazos que contempla o Goberno central para a reconstrución e as alternativas que se lle darán ás empresas, que é o máis urxente. Deste xeito, pediu o mesmo nivel de dedicación para solucionar o acontecido no tramo entre Galicia e o Bierzo que se tivese ocorrido noutro punto de España.

Nese senso, cómpre lembrar a proposta formulada onte pola Xunta de conformar un grupo de traballo para analizar a situación e dispoñer dunha canle de comunicación fluída.
R.