Presentado o festival de cine inclusivo de Vigo, que rende homenaxe póstumo ao director Roberto Pérez Toledo

“Xa sodes unha referencia en moi pouco tempo e todo iso cun obxectivo social como é o de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da sétima arte”, sinalou a representante autonómica durante o acto de inauguración celebrado no Cine Salesianos.
O certamen comeza este martes e finaliza o sábado 22 tras a proxección de 47 pezas audiovisuais en tres emprazamentos diferentes: o Auditorio Municipal, o Museo MARCO e o Cine Salesianos. As proxeccións divídense en catro categorías a concurso e todas elas son de acceso libre ata completar aforo.
A cita, que forma parte da listaxe de festivais audiovisuais subvencionados pola Consellería de Cultura e Turismo a través da convocatoria anual da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), conta cunha importante presenza do cinema galego nas súas diferentes seccións.
Ademais, o certame tamén servirá para presentar o documental autobiográfico de Gonzalo Suárez, co-director do festival, que conta como entrar no equipo de balonceso Amfiv cambioulle a vida, despois de quedar en cadeiras de rodas por un accidente.
No acto inaugural do festival, proxectaranse dous filmes do director Roberto Pérez Toledo: ‘Seis puntos sobre Emma’ (2011) e ‘Lugares a los que nunca hemos ido’ (2021) e se lle fará entrega, a título póstumo, do premio honorífico do festival ao director canario. Pérez Toledo, que faleceu este ano, quedou aos 14 anos en cadeira de rodas e é unha referencia do cine comprometido coa defensa dos dereitos da comunidade LGTBI+.
R.