A escritora Marta Pais de Oliveira recibe o VIII Premio Literario Nortear
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na entrega hoxe do VIII Premio Literario Nortear para mozos da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal a Marta Pais de Oliveira. O certame, apoiado pola Xunta de Galicia e a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal, ten como obxectivo incentivar a produción literaria entre os novos escritores que viven na zona transfronteiriza.
O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destacou o valor de Nortear, “un proxecto de intercambio cultural que ten como eixo a promoción da creación artística entre Galicia e Portugal”. “Con esta iniciativa buscamos fortalecer as xa moi frutíferas relacións entre ambas culturas, incrementando as redes colaborativas, grazas ao impulso de diversas actividades como este certame ou a residencia artística anual que desenvolvemos na Illa de San Simón”, sinalou.
O galardón ten unha dotación de 3.000€ e contempla a publicación da obra vencedora en galego e portugués, nesta edición cunha portada obra do ilustrador coruñés David Pintor. Nas anteriores edicións acadaron o premio Lara Dopazo, Rui Cerqueira Coelho, Cecília Santomé, Sara Brandão, Sabela Varela, Célia Fraga e Pedro Rodríguez Villar.
No acto de entrega do premio participou tamén o director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, Nuno Almeira, e a directora Rexional de Cultura do Norte de Portugal, Laura Castro, entre outras autoridades.
Un total de 40 participantes
O conto breve Medula foi a obra coa que Marta Pais de Oliveira se fixo co premio desta oitava edición do certame, á que presentaron orixinais un total de 40 escritores mozos. Trátase dunha distopía que aborda a historia de dúas persoas que están ás portas do Ministerio da Soidade e precisan decidir o que van facer a continuación.
O xurado destacou a mestría da autora na construción da narrativa e a súa linguaxe e estilo, que coinciden co estado de desasosego permanente que acompañan toda a estrutura interna da narrativa.
Natural de Vila Nova de Gaia, Marta Pais de Oliveira é licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade do Porto e a Universidade Complutense de Madrid e ten un posgrao en Comunicación Empresarial pola Porto Business School. É tamén gañadora do Premio Revelación Agustina Bessa-Luís 2020 coa súa novela Escavadoras.

R.