Presentada a 18ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego

No caso da MICE, que terá lugar do 15 ao 21 de marzo, o foco ponse no cine de contido antropolóxico e no seu papel como ferramenta documental e pedagóxica. Nesta edición, o concepto de rururbanía como intersección entre o rural e o urbano será o eixe temático de toda a programación, desde as seccións competitivas Galicia e Internacional con Santiago Teijelo, Sara Traba, Eloy Domínguez Serén e Samuel Moreno Álvarez como representantes galegos, ata os apartados paralelos Trazas, Lindes e Impropias, pasando polas accións formativas e o resto das actividades do festival.
R.