O Proxecto Nós presenta as tres primeiras ferramentas para situar ao galego na vanguarda tecnolóxica

O titular de Cultura da Xunta referiuse, en concreto, ao tradutor de galego con tecnoloxía neuronal que xa está rematado e “supera a calquera outro que existira ata agora” e tamén avanzou que xa está lista a primeira tecnoloxía que entende o galego oral e o converte a texto e outra que, a partir dun texto, é quen de ler en lingua galega.
Avanzou, ademais, que algunhas das primeiras aplicacións destas tecnoloxías do Proxecto Nós xa se poden ver no spot institucional da Xunta de Galicia das Letras galegas 2023, onde se amosa a primeira locución da historia en lingua galega creada con redes neuronais. “A incorporación do galego ás novas linguaxes dixitais é unha realidade cada vez máis presente e estas tres primeiras ferramentas permitirán seguir avanzando para que forme parte nos novos usos tecnolóxicos, ao mesmo nivel que as grandes linguas do mundo”, indicou Román Rodríguez.
Uso na mocidade
O Proxecto Nós, impulsado pola Xunta de Galicia, foi incluído no PERTE Nova Economía da Lingua e, como engadiu, “supón o salto decidido do galego ao mundo dixital e permitirá, do mesmo xeito, potenciar o seu uso entre a mocidade”, indica.
R.