Conecta Voluntariado Galicia, para achegar a nosa terra aos mozos galegos do exterior
Deste xeito, o departamento autonómico que dirixe Antonio Rodríguez Miranda, volve a convocar os programas de achegamento a Galicia dos galegos do exterior, centrándoos, nesta ocasión, nos campos de traballo e voluntariado para persoas de entre 21 e 30 anos.
Esta iniciativa ten coma obxectivo promover os lazos con Galicia a través de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria a través de traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental da nosa contorna e da recuperación do patrimonio cultural. O plan do traballo compleméntase cun programa con actividades de convivencia, formación e tempo libre.
En total, ofértanse 20 prazas, distribuídas entre os diferentes países con maior presenza de colectividade galega. Os interesados deberán presentar as súas solicitudes a través da sede electrónica da Xunta ou das entidades colaboradoras nos distintos países: as delegacións da Xunta en Bos Aires e Montevideo, a Peña Gallega da Casa de España de Río de Janeiro, a Sociedad Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Beneficiencia Rosalía de Castro en Santos, a Asociación Cultura Caballeros de Santiago en Salvador de Bahía, a Federación de Sociedades Gallegas na Habana, a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas e nos rexistros dos consulados de España.
A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo da organización da viaxe, dos traslados dos participantes e custo dos billetes dende o lugar de residencia destas persoas, así como dos desprazamentos terrestres, aloxamento e manutención en Galicia.

R