Darío Villanueva recibe o Premio Otero Pedrayo polas súas achegas á cultura
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, entregoulle este mércores 29 o Premio Otero Pedrayo ao ex reitor da USC Darío Villanueva nun acto que acolleu o Salón de Actos do Pazo de San Marcos en Lugo, ao que tamén asistiron o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, así como, por parte da Deputación de Lugo, a deputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística, Iria Castro, a deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, e o deputado de Medio Ambiente, Carlos López.
José Tomé felicitou o premiado recoñecendo a súa traxectoria como profesor, filólogo, escritor, experto en cine e poesía, “agudo articulista e autor de interesantes reflexións sobre as cidades” e asegurou que “dicir que Darío Villanueva é un dos grandes intelectuais galegos do noso tempo é pouco máis que unha obviedade, e a penas lle fai xustiza á súa biografía”, engadindo que sobre todo, é unha persoa implicada "no estudo, na comprensión e no coidado do logos”.
O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, gabou a traxectoria, “de sobra coñecida”, de quen “é e continúa a ser un dos máis brillantes intelectuais do noso tempo” e quixo destacar dela, “por ser un dato menos repetido cós dos seus cargos de presidente da RAE ou de reitor da USC”, que Darío Villanueva “foi tamén o primeiro director técnico da área de literatura do Centro Ramón Piñeiro da Xunta de Galicia, unha mostra máis de que non fuxiu de asumir responsabilidades naqueles lugares onde era chamado para impulsar o amor polas linguas e pola literatura”.
No acto, que acolleu a Deputación de Lugo, participaron representantes institucionais, así como Leticia Rodríguez Díaz, membro elixido polo xurado para ler a acta na cerimonia. Ademais, a entrega estivo amenizada con varias actuacións musicais da cantautora arzuá MJ Pérez.
O Premio Otero Pedrayo, dotado cada ano con 16.000 euros, está promovido polo Goberno galego e as catro deputacións provinciais. Considerado un dos máis prestixiosos da cultura galega, naceu en 1977 co obxectivo de perpetuar a memoria do autor de Trasalba e así mesmo recoñecer a contribución á cultura de persoas e entidades no campo das letras, e promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións. A Deputación de Lugo fora por última vez escenario da entrega deste galardón no ano 2019, cando o recibiron Ramón Villares e Paco Martín.
Foto: Wikipedia

R.