Skip to main content

Aprobada la concesión definitiva de una licencia de radio FM al Ayuntamiento de A Coruña

La Xunta de Galicia concede definitivamente una licencia para una emisora de radio FM al Ayuntamiento de A Coruña, tras el informe favorable emitido por la Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Prensa de la Xunta de Galicia:

O Consello da Xunta de Galicia aprobou a concesión definitiva dunha emisora de
radio en frecuencia modulada ao Concello da Coruña. Este servizo de radiodifusión
terá carácter comercial. A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, dependente
da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, emitiu un informe favorable sobre esta concesión no cal se recollen detalladamente as resolucións, actos administrativos e aprobacións establecidas na lexislación aplicable en materia de telecomunicacións.

A frecuencia desta emisora, a favor da empresa Radio Media Galicia S.L., será 89,2
e as coordenadas xeográficas 8W1705-43N2708.

Esta concesión definitiva outórgase logo da adxudicación provisional concedida hai
uns anos á mesma empresa e tras a realización dos trámites administrativos
pertinentes coa Secretaría de Estado das Telecomunicacións e para a Sociedade da
Información.

Este departamento estatal xa autorizara, o ano pasado, a posta en funcionamento das instalacións da citada emisora para a explotación, en réxime de xestión indirecta, deste servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia.

Agora, tendo en conta a resolución estatal e o informe favorable da Dirección Xeral
de Comunicación Audiovisual, o Consello da Xunta acorda a concesión definitiva do
servizo.

R.