Concesionarios de las licencias de TDT de cobertura local se reúnen con Retegal para analizar los aspectos técnicos de su adaptación a las emisiones digitales

En la reunión, que tuvo lugar en el Hotel Puerta del Camino en Santiago de Compostela, también se trataron otros aspectos relacionados con los contenidos y las exigencias que en esta materia presenta el pliego por el que se rigió la concesión de las licencias y que contempla una serie de porcentajes obligatorios de emisión de programas de producción propia y en gallego.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
Retegal, empresa de capital público que desenvolve e explota as infraestruturas de difusión de sinais de televisión e radio, en dixital e analóxico, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, convocou o día 31 de outubro aos distintos concesionarios de emisoras de Televisión Dixital Terrestre de ámbito local a unha xuntanza co obxectivo fundamental de informalos sobre diferentes aspectos vinculados ao despregue da TDT de proximidade e facilitarlles o desenvolvemento das súas concesións. Dita reunión tivo lugar ao longo en Santiago, concretamente no Hotel Puerta del Camino.
Durante a xornada abordáronse diferentes aspectos legais, técnicos e operativos que as emisoras concesionarias deberán ter en conta no despregue da TDT. Así mesmo, analizáronse os requirimentos técnicos necesarios para garantir a cobertura nas diferentes demarcacións e os requirimentos operativos para elaborar unha programación de calidade en liña, cos compromisos adquiridos polos concesionarios en materia de contidos. A este respecto analizouse a produción independente, as emisións en galego, a publicidade ou outros aspectos recollidos na directiva da Televisión sen Fronteiras. A xornada de hoxe ten por obxecto facilitar o desenvolvemento deste tipo de emisións aos novos concesionarios.
Non hai que esquecer que estes adxudicatarios se enfrontan a unha nova tecnoloxía: a tecnoloxía dixital en redes de frecuencia única en cada demarcación; a un novo modelo de difusión: a xestión conxunta dunha canle de radiofrecuencia onde se sitúan os tres concesionarios en cada demarcación; e a uns compromisos en canto as características básicas dos contidos establecidas no prego de prescricións técnicas que serviu como base ás concesións.
R.