Convocada la segunda edición del certamen Curtas na Rede. Hasta el 15 de septiembre se pueden presentar producciones inéditas de menos de 5 minutos
La Xunta de Galicia, a través de la Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, convoca la segunda edición del certamen Curtas na Rede. Hasta el 15 de septiembre se pueden presentar producciones inéditas de menos de 5 minutos que concurrirán a uno de los 18 premios que se conceden, de los que 16 están dotados con una aportación económica de 1.500 euros.
Juventud, inmigración, ambiente y visiones nuevas y ajenas son las temáticas centrales del concurso al que concurrirán obras audiovisuales en gallego, a excepción de las que se presenten sobre inmigración o nuestras visiones que se pueden realizar en cualquier lengua.
Entre las novedades de esta edición de Curtas na Rede figura la incorporación de un concurso de blogs o bitácoras y otro de micropelículas de 30 segundos realizadas con teléfonos móviles.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
Explorar a creatividade de calquera persoa que teña inquedanzas na creación audiovisual e a súa conxugación co novo escaparate que é Internet é o principal obxectivo do concurso Curtas na Rede. Esta iniciativa abre a posibilidade a todas aquelas persoas que queiran presentar unha obra inédita non superior a 5 minutos. A temática poderá xirar en torno a xuventude, inmigración, ambiente e o apartado de visións nosas e alleas, dentro da temática libre. Todas elas estarán en galego, agás nas categorías de inmigración e visións nosas que poderán estar en calquera outra lingua.
O programa, que cumpre a súa segunda edición, foi presentado polo director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, que estivo acompañado do secretario xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez e do director xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Manuel Fernández Suárez, a presidenta do Consello da Xuventude de Galicia, María Dolores Rodríguez Amoroso. Ambos departamentos da Xunta participantes nesta convocatoria do certame.
Segundo indicou o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Fernández, este ano “o concurso de curtametraxes, que naceu como un certame baseado en Internet para a súa difusión, estendeu nesta nova edición o seu ámbito de actuación”. Así, esta convocatoria inclúe un concurso de blogs ou bitácoras e outro de micropelículas realizadas con teléfonos móbiles. Ademais, desde o momento da inscrición, os realizadores participantes disporán dunha bitácora para dar conta da evolución dos seus traballos, blogs que tamén participarán nun concurso. Deste xeito -indicou Manuel Fernández- “ábrese unha nova forma de participación mediante peliculiñas de 30 segundos filmadas con teléfono celular”, unha modalidade que “porá a proba a capacidade creativa e a orixinalidade dos participantes”, engadiu.
Outra das novidades é a ampliación das temáticas, coa inclusión de ambiente e de emigración. Neste sentido, o secretario xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez, indicou que o obxectivo “é facilitar a participación dos galegos e galegas residentes no exterior na vida social e cultural galega”. Destacou tamén que “é unha fórmula coa que se quere impulsar a participación das segundas e terceiras xeracións dos residentes no exterior na difusión da lingua, cultura e tradición galega no mundo”, neste caso a través do sector audiovisual. Pola súa banda, o director xeral de Desenvolvemento Sostible salientou que se trata dunha “boa plataforma para concienciar á xuventude galega da importancia dos temas ambientais”.
A participación establécese segundo a idade da persoa que dirixa a curtametraxe. Deste xeito propóñense tres modalidades de premios tendo en conta as idades: de 15 a 22 anos, de 23 a 50 anos e, de 51 en adiante. Haberá catro premios, de 1.500 euros cada un, distribuídos por cada unha das categorías, sumando un total de 12. Ademais darase un premio do público á curtametraxe e á micoromovie máis votada en Internet. A estes galardóns hai que engadir outro, como novidade deste ano, que é o que se entregará á mellor interpretación masculina e feminina, así como ao mellor bitácora do concurso.
As obras pódense enviar ata o 15 de setembro de 2007. Os traballos serán avaliados por un xurado composto por varias persoas de recoñecido prestixio no mundo da cultura e do audiovisual, así como membros das entidades organizadoras e patrocinadoras, entre as que destacan o Consorcio Audiovisual de Galicia, a compañía R e Blu:sens. O público poderá votar as obras as través da web do concurso www.curtasnarede.es e entregarase un premio de 300 euros entre todos os que desen o seu voto.

R.