Skip to main content

Comienzan las emisiones de una nueva televisión en Galicia: Teutubo Tv

Nace Teutubo TV: una nueva televisión gallega promovida por la Axencia Audiovisual Galega que, a través de su página web, pretende crear un canal de televisión del que participe el sector, a la vez que elimina las barreras geográficas de una emisión de flujo.

Las emisiones en pruebas de esta nueva televisión arrancan el 23 y 24 de marzo con la transmisión por videoconferencia de las jornadas sobre el futuro del documental que tienen lugar en el marco del Festival Play-Doc que se celebra en la localidad pontevedresa de Tuy.

Nota de prensa de la Axencia Audiovisual Galega:

A través da primeira emisión de TeutuboTV, a Axencia Audiovisual Galega facilitará o seguimento por videoconferencia do transcurso dunhas xornadas sobre "O futuro do documental" que se van a desenvolver no Festival Play-Doc de Tui os vindeiros días 23 e 24 de marzo.

Con esta retransmisión de proba, a Axencia Audiovisual Galego inaugura unha nova sección na súa páxina web, unha "canle de televisión" na que o sector audiovisual e interesados -non só de Galicia, senón de todo o mundo-, poderán seguir, ao vivo, os actos nos que colabora a Consellaría de Cultura e Deporte en prol de fortalecer o audiovisual galego.

A Axencia Audiovisual Galega considera esta páxina como unha ferramenta util para desempeñar os seus obxectivos. Esta aposta pola rede xa ficou manifesta coa completa base de datos que ofrece o Catálogo da oficina de produción (no que se condensa a inmensa parte da historia do audiovisual galego) e co deseño do popular Teutubo, unha sección da mediateca chamada a recoller as pezas galegas que están esparexidas na rede. Con TeutuboTV a Axencia Audiovisual Galega vai máis alá; neste espazo poderase seguir, a través de videoconferencia, eventos que sexán de relevancia para o audiovisual galego. Nun principio será unha ferramenta que se empregará nos festivais que desenvolvan actividades de formación ou de produción e, logo nos actos que se desenvolvan na sede da Axencia Audiovisual Galega: seminarios, laboratorios, presentación de proxectos, rodaxes, filmes (longas e curtas)…

Con TeutuboTV elimínanse, as barreiras xeográficas e democratízase o acceso a actividades paralelas que a Consellaría de Cultura e Deporte desenvolve no audiovisual. As novas tecnoloxías están facilitando modos máis axeitados de difundir a cultura. Esta "canle de televisión na rede" supón un chanzo máis no desexo da Consellería de Cultura e Deporte de deslocalizar os eventos culturais e poñelos ao servizo de todo o tecido audiovisual galego, dos galegos e de toda a comunidade de internautas do mundo. Un vehículo de enorme potencial que servirá para que Galicia sexa punto de encontro mundial de tendencias e a partires dese diálogo, dar a coñecer a nosa industria, as nosas posibilidades como país, o noso patrimonio e, o máis importante, os nosos creadores.

A primeira emisión vai a facerse eco das conferencias-debate para profesionais emprendedores do audiovisual que levan por título "O documental, a tv, o cinema e todo o que ven". Un encontro que se realiza dentro do Play-doc de Tui e que conta coa colaboración da Axencia Audiovisual Galega. As mesas serán moderado por Enrique Nicanor e contará coa participación de expertos internacionais como Catherine Buresi, Jacques Laurent e Linda Beath. Estas xornadas están programadas para o venres 23, no que se debate sobre as últimas tendencias do documental e o sábado 24 sobre o orzamento, o mercado do documental e a evolución deste xénero no século XXI. Os horarios destes encontros son de 11:00 a 14:00 horas e terán lugar na Sala de Conferencias da Área Panorámica de Tui.
R.