Lugo acoge entre el 4 y el 6 de mayo la V Convención de Periodistas de España

Está convocada por el Foro de Periodistas (FOP) y es la quinta edición que se organiza y que en esta ocasión centra el debate en torno a la condición de periodista profesional bajo el lema genérico: "Vellos e novos medios: a mediación necesaria do xornalista".
Nota de prensa remitida por el CPXG:
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) organiza a V Convención de Xornalistas de España que se celebra os días 4, 5 e 6 de maio en Lugo. É a primeira vez que a Convención terá lugar en Galicia e está convocada polo Foro de Organizaciones de Periodistas (FOP). Os colexiados e o resto dos membros das
entidades do FOP (Agrupación de Periodistas - CC.OO., Agrupación de Periodistas- UGT, Col.legi de Periodistes de Catalunya e Federación de Sindicatos de Periodistas-FeSP), terán a estancia e manutención gratuítas, incluidas na inscrición.
Para participar hai que cumprimentar a ficha de incrición que se pode atopar na web do CPXG (www.xornalistas.com) e na do Foro de Organizaciones de Periodistas (www.foroperiodistas.com), o número de prazas é limitado e asignaranse por rigorosa orde de chegada. A Convención, que ten lugar durante os tres días no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, conta co patrocinio, entre outros, da Secretaria Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, o Concello de Lugo e Caixanova. Os estudiantes de Xornalismo que asistan a esta convención contarán cun crédito de libre configuración. O CPXG habilitou varias bolsas de aloxamento e manutención para
este colectivo.
Na convención de Lugo debaterase sobre a condición de xornalista profesional. Nesta ocasión, baixo o lema "Vellos e novos medios: a mediación necesaria do xornalista", a cuestión a debater será a da esixencia de profesionalidade no exercicio do xornalismo. O venres día 4 terá lugar a inauguración da V Convención no Salón
Almirante, Hotel Méndez Núñez de Lugo, seguida da conferencia de Josep Maria Carbonell, Presidente do Consell de l`Audiovisual de Catalunya (CAC).
O sábado día 5 comezarán as exposicións de ponencias e dos debates no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, previa recepción e acreditación dos participantes. O día seguinte comezará cunha mesa de igualdade onde se tratará a situación laboral da muller xornalista, seguida do debate das conclusións das ponencias expostas anteriormente. Pecharase a xornada coa entrega do I Premio Muralla Aberta de Xornalismo e coa clausura, por parte das autoridades correspondentes.
As catro convencións anteriores celebráronse en Cádiz, Valladolid, Tarragona e Xixón. Todas elas foron convocadas polo Foro de Organizacións de Xornalistas (FOP), plataforma unitaria formada actualmente polas organizacións colexiais e sindicais
máis representativas de España: Agrupación Xeral de Xornalistas de UGT, Agrupación de Xornalistas de CCOO, Federación de Sindicatos de Xornalistas, Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e Col·legi de Periodistes de Catalunya.
Para conmemorar o día da Liberdade de Prensa o FOP celebra, tamén en Lugo, o día 3, un acto conxunto no Instituto Lucus Agusti, ás 19.00 horas. Por outra banda, o día 2 de maio pola tarde, ten lugar a entrega do III Premio José Couso en Ferrol. A axenda de actos inclúe a xa tradicional ofrenda floral diante da escultura de Manuel Patinha 'Ás Ceibes' no Cantón de Molíns coa lectura dun texto da poeta Eva Veiga. A continuación celebrarase o Concerto da Liberdade no Teatro Jofre no que a Real Filharmonía de Galicia, baixo a batuta do director Maximino Zumalabe, ofrece obras de Beethoven e Andrés Gaos.
Asemade durante os días nos que se celebra a Convención poderase visitar nas instalacións do Pazo de Feiras e Congresos a exposición de Olaga Osorio, "Reflexións". A entrada é gratuíta.
R.