Skip to main content

Los principios de la comunicación mediática contemporánea, a debate en un curso de la USC

El catedrático de Comunicación y Publicidad de la Universidad del País Vasco, José Antonio Mingolarra, cuestionó el paradigma informativo en una sociedad volcada en la comunicación durante su intervención en la jornada inaugural del Curso de Verano: Principios de la Comunicación Mediática Contemporánea que se celebra en la Facultad de Ciencias de la Comunicación de la USC entre el 16 y el 19 de julio.

Nota de prensa remitida por la Organización del Curso:

Nunha sociedade que promulga a transparencia en todos os ámbitos, o catedrático da Universidad del País Vasco, José Antonio Mingolarra, defende “o silenzo como acto de resistencia”, como unha protección fronte ao desnudo ao que nos somete unha sociedade na que “importa máis manter o contacto que contar cousas”.

O profesor de Comunicación Audiovisual e Publicidade denunciou en Santiago de Compostela durante a primeira xornada do Curso de Verán “Principios da Comunicación Mediática Contemporánea” o esgotamento do paradigma informativo e a actual degradación da función do xornalista. Esta crise obedece, segundo Mingolarra, á perda de credibilidade dos medios de comunicación, provocada por un relativismo que lexitima en condicións de igualdade calquera discurso sobre a realidade.

Neste cambio de paradigma tamén está implicada, segundo sinalou o catedrático, a multiplicación das posibilidades de elaborar e difundir mensaxes facilitada polas novas tecnoloxías, que configura un marco de relación cos medios baseado na interacción. Fronte a este panorama, Mingolarra avoga por repensar a comunicación desde o punto dos profesionais e desde o ámbito académico, onde asegura “estamos obrigados a traballar sobre o modelo sistémico e desde un punto de vista multidisciplinar”.
Por outra parte, o delegado da Axencia EFE en Galicia, Arturo Larena, analizou na súa conferencia a transparencia na cobertura da información ambiental, e defendeu a necesidade de ter acceso ás fontes e de realizar unha investigación rigurosa para garantir que a cidadanía “sexa consciente da realidade”.

A parte práctica do Curso de Verán comezou co obradoiro impartido polo asesor do Gabinete de Cultura de Presidencia do Goberno Estatal, José Antonio Gómez Municio, que abordou na súa intervención as estratexias de transparencia na formación da imaxe dos políticos. En opinión de Gómez Municio, a clase política debe manter unha certa resistencia á “imaxe do político transparente”, dando maior relevancia á “fundamentación en valores” da personalidade.

O Curso de Verán “Principios da Comunicación Mediática Contemporánea”, inaugurado na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC polo secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Fernando Salgado, o decano da Facultade, Miguel Túñez e a directora do Curso, a profesora, Antía López Gómez, continúa ata o día 19 de xullo.
R.