Skip to main content

Firmado un convenio para la difusión de la producción audiovisual gallega en Internet

La Xunta de Galicia y la TVG colaboran en el desarrollo de una plataforma para la difusión de la producción audiovisual gallega. El secretario xeral de Comunicación de la Xunta, Fernando Salgado, y el director xeral de la CRTVG, Benigno Sánchez, firmaron un protocolo de colaboración para la promoción en soporte digital de las producciones en las que participa la televisión pública gallega.

Una iniciativa que también servirá para establecer las bases de futuras colaboraciones en la digitalización del archivo de la TVG. El principal objetivo de esta iniciativa es facilitar el acceso a una parte importante del patrimonio audiovisual gallego, tanto a los programadores de los nuevos canales de TDT, como al público.

Nota de prensa remitida por el Club Internacional de Prensa (Xunta de Galicia):

O secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia Fernando Salgado asinou co director xeral da Compañía de Radiotelevisión de Galicia Benigno Sánchez un protocolo de colaboración entre as dúas institucións para a difusión da produción audiovisual galega na rede.

Entre outros obxectivos, esta iniciativa pretende facilitar o acceso a unha parte importante do patrimonio audiovisual galego aos programadores das novas canles de televisión dixital terrestre, así como a outros emisores de televisión e ao público en xeral. Con elo, favorecerase a maior difusión posible dos fondos audiovisuais da televisión pública galega á vez que se facilita a información necesaria aos axentes interesados sobre adquisición de dereitos de emisión de contidos audiovisuais nas televisións locais e outros medios de comunicación. Deste xeito, dinamizáranse as relación entre os emisores televisivos e as empresas audiovisuais galegas, asegurando a calidade na súa programación, respectando en todo momento os dereitos tanto materiais como inmateriais das producións galegas.

Os contidos de acceso público, difundidos en formatos axeitados para a visualización a través de Internet e en reproductores de vídeo persoais tipo MP4, terán un carácter eminente promocional. Pola outra banda, as producións que participarán no proxecto integraranse na mediateca que a Secretaría Xeral está a xestionar, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual. A mediateca alberga vídeos, imaxes, e outros obxectos en formato dixital relacionados co mundo audiovisual, como cursos e xornadas formativas, longametraxes, documentais, tráilers, etc. A necesidade de actualizar e engadir contidos na mediateca é unha tarefa que implica un importante esforzo de cara á edición e catalogación dos diferentes contidos que son de interese. A Secretaría dispón de medios tecnolóxicos para a dixitalización, almacenamento e difusión da produción audiovisual a través do Centro Multimedia de Galicia (CMG) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).

A Secretaría Xeral de Comunicación e a TVG S.A. entenden que son moitos os argumentos que apoian os beneficios da dixitalización de recursos para a creación de redes de traballo dinámicas que permitan a comunicación entre institucións, polo que ambas institucións se comprometen a facilitar, na medida do posible, o traballo dos investigadores e técnicos nos procesos de dixitalización como método de conservación, co obxectivo de preservar o patrimonio audiovisual de manipulacións innecesarias, ata agora inevitables para a súa consulta.

O Director Xeral de Comunicación Audiovisual Manuel J. Fernández Iglesias e o Director da TVG Suso Iglesias realizarán unha visita institucional a Corporació Catalana de Radio i Televisió para estudar posibles liñas de colaboración nos procesos de dixitalización da TVG.




R.