Skip to main content

Lugo acogió el Maratón Tecnológico Familia Dixital con el que finalizó la campaña Conéctate en Verán

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, participou dende Santiago a través dunha videoconferencia co alcalde de Lugo, no acto de apertura da maratón tecnolóxica Familia Dixital. Desenvolvido simultáneamente en Lugo e no Centro Multimedia de Galicia da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta, neste acto presentáronse os obxectivos da iniciativa ao tempo que se fixo unha breve análise dos resultados da campaña de promoción das novas tecnoloxías Conéctate en Verán, promovida polo Concello.

Ademáis do director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, tamén participaron o alcalde da cidade luguesa, López Orozco, David Cierco, Director Xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o tenente alcalde de Monterroso, Darío Rodríguez. Na súa intervención, Fernández Iglesias felicitou ao Concello de Lugo pola iniciativa, resaltando que este tipo de accións de promoción das novas tecnoloxías da información e as comunicacións son fundamentais para a implantación da Sociedade do Coñecemento en Galicia, xa que contribúen de xeito significativo a redución da fenda dixital. Neste sentido, “o concello de Lugo estase a converter nun punto de referencia no interior de Galicia, o que facilitará sen dúbida a converxencia interior do país”, destacou.

Fernández Iglesias comprometeuse a que antes do ano 2010 Galicia superará o 98% en cobertura de televisión dixital terrestre de ámbito autonómico. Ademais avanzou que a compañía pública galega Retegal traballa nun plan para estender a banda ampla a aqueles lugares nos que a iniciativa privada ten dificultades para chegar.

O alcalde de Lugo destacou o empeño do concello de proporcionar aos cidadáns os medios precisos para que se acheguen ás novas tecnoloxías. Incidiu en que traballará para Lugo sexa “unha cidade dixital, que non perda o tren do progreso e do coñecemento das novas tecnoloxías”. Pola súa banda, David Cierco recordou o investimento na comunidade por parte do Ministerio de Industria de 18 millóns de euros para estender as novas tecnoloxías, ao tempo que anunciou a concesión de préstamos de 3.000 euros a pagar en tres anos sen intereses para que as familias lucenses poidan adquirir equipamentos informáticos.

O concurso Maratón Familia Dixital desenvolveuse na aula multimedia do Castiñeiro da cidade de Lugo, dende as nove da mañá ás nove da noite, hora da entrega de premios. Pódese participar de xeito individual ou familiar, en grupos de tres persoas. Entre as actividades que conforman a maratón atópase a creación dun correo electrónico, unha Gymkhana Web, o enlace con outros telecentros a través do sistema de videoconferencia e un concurso de caras divertidas. Todo o anterior complétase coa entrada e participación nun foro e nun chat, así como a edición dun foro e un blog do telecentro.

Á hora de avaliar os proxectos dos participantes a organización valorará a rapidez e orixinalidade, así como a destreza no manexo das ferramentas informáticas. O obxectivo desta innovadora experiencia na que participa a Secretaría Xeral de Comunicación pasa por difundir o uso das novas tecnoloxías aos participantes.


R.