El Consorcio Audiovisual de Galicia participa por segundo año en el Festival de Cine de San Sebastián
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O Consorcio Audiovisual de Galicia participará por segundo ano consecutivo no Festival de Cine de San Sebastián, o máis importante de todos os que se celebran en España, dentro do obxectivo de consolidación do audiovisual galego en certames cinematográficos. Dende o Goberno galego súplese así coa presenza institucional a ausencia de producións galegas no festival.
O día 25 de setembro o secretario xeral de Comunicación e presidente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Fernando Salgado, presidirá a reunión anual na que se decidirán as películas subvencionadas polo programa Raíces na edición deste ano. Neste encontro, Fernando Salgado estará acompañado por Nacho Varela, director-xerente do organismo. Á mesma tamén acudirán representantes de Arxentina, Cataluña e Andalucía, última comunidade en incorporarse ao Fondo Raíces de coprodución.
Unha vez rematada a xuntanza, daranse a coñecer ante os produtores dos territorios implicados as películas subvencionadas polo Fondo ao tempo que se adiantarán as novas accións de Raíces para o vindeiro ano.
O mesmo día e coincidindo coa presenza de importantes produtores e cineastas na capital guipuscoana, o Consorcio Audiovisual de Galicia organiza a Happy Hour Galicia Terra de Cine. Presentaranse os II Encontros co cine galego a través dun acto lúdico que pretende promover o audiovisual galego no marco do festival de Cine de San Sebastián.
A presentación do acto correrá a cargo dos actores galegos María Castro e Manuel Lozano. Os encargados da ambientación musical serán Cuchus Pimentel e Delio Domínguez. Esta actividade recolle unha semblanza histórica da actividade cinematográfica de Galicia, así como a presentación aos asistentes de Galicia Terra de Cine e o Fondo Raíces. Entre a representación institucional no acto, destaca a presenza do secretario xeral de Comunicación e presidente do Consorcio, o director xerente, así como o director xeral de Comunicación Audiovisual. Cómpre destacar a participación a través dun vídeo do cineasta José Luis Cuerda.
Entre a ampla representación de asistentes estarán numerosos medios acreditados consecuencia dos Encontros Galicia Terra de Cine, celebrados en Santiago o pasado ano.
A presenza da Xunta de Galicia en San Sebastián comezará coa presentación dunha retrospectiva da obra do director francés Philippe Garrel. A retrospectiva estará acompañada da presentación dun libro sobre a súa obra no que participa o CGAI. O director xeral de Comunicación Audiovisual e vicepresidente primeiro do Consorcio será o encargado de acudir ao acto en representación do Centro Galego de Artes da Imaxe.
Philippe Garrel é unha das figuras mais independentes do panorama cinematográfico francés, descendente directo da nouvelle vague, pero tamén de Robert Bresson e Jean Eustache. As súas películas oscilan entre a crueza airada de La cicatrice intérieure e Le vent de la nuit ou Les amantes réguliers que recibiu o León de Plata ao mellor director no festival de Venecia, entre outros premios.
A presenza institucional en San Sebastián completase coa reunión da Spain Film Comission a que asistirá en representación galega o director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia. Por outro lado, o mesmo día 22 Nacho Varela participará na reunión do Cinema de Brasil organizada polo ANCINE.
Ademais do anterior, unha das publicacións máis prestixiosas do mundo do cine, Variety, incorpora unha reportaxe sobre o audiovisual galego nas súas páxinas na que teñen colaborado, Fernando Salgado e Nacho Varela, entre outros. Esta revista, con edición única en inglés e distribuída en todo o mundo, é unha referencia obrigada para todos aqueles relacionados co eido do cine.

R.