Skip to main content

Compostela acoge el primer congreso de la Asociación Española de Investigación de la Comunicación en el que participan 500 expertos

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Nota remitida por el Gabinete de Comunicación del Congreso de la AE-IC:

O futuro do xornalismo ante a chegada das tecnoloxías da comunicación e da información, a supervivencia das identidades culturais na rede ou o futuro da prensa local son algúns dos temas que se debatirán no Congreso Fundacional da Asociación Española de Investigación da Comunicación. A Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela acolle do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro o evento que reúne a máis de cincocentos investigadores e docentes.

Durante o acto de presentación do congreso, a presidenta do comité organizador, Margarita Ledo, manifestou a súa satisfacción pola acollida que está a ter o evento entre a comunidade universitaria de diferentes países. Neste sentido, sinalou a importancia da celebración do evento como ámbito de reflexión, de debate, de intercambio de experiencia e, tamén, como berce desta nova asociación que se constituirán en Compostela e agarda ser un referente internacional como lugar de intercambio de coñecementos e avances científicos.

A Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE_IC) constitúese durante o congreso para potenciar a investigación no eido da comunicación, facilitar a cooperación e crear redes de intercambio de información entre investigadores/as, e establecer unha política de cooperación con asociacións internacionais de estudo, segundo manifestou Miquel de Moragas, presidente da Comisión Xestora da AE-IC.

Máis de 25 países participan na reunión de Santiago de Compostela fundamentalmente do eido europeo e americano. O profesor da Universidade Autónoma Metropolitana de México, Néstor García Canclini, ou a profesora da Universidade de Lima (Perú), Teresa Quiroz, son algúns dos representantes de América Latina. No ámbito europeo estarán en Santiago investigadores como a profesora da Universidade de Kent (Gran Bretaña), Elisabeth Cowie; o profesor da Universidade de Tampere (Finlandia), Tapio Varis; ou a blogger Regine Debatty. Non faltará a representación galega e española coa catedrática da Universidade de Santiago de Compostela, Margarita Ledo, ou o catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona, Miquel de Moragas.

Ademais o congreso reunirá a profesionais da comunicación como Miguel Conde (creador da campaña publicitaria “Vivamos como galegos”) que traerán as súas experiencias para o debate na universidade.
R.