Skip to main content

El Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) presenta la nueva sección After Hours

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) comeza o venres día 1 de febreiro, ás 23,00 horas unha nova sección da programación que permite abrir as posibilidades horarias para o espectador coa presenza dunha sesión nocturna, After Hours. A sección inaugurase co pase de Kurt Cobain: About a son (2006) de AJ Schack, elaborado documental que gañou o premio á mellor película no último Festival In-Edit de Barcelona.

A sesión dos venres ás 18 horas pasa ás 23 horas co que representa de ampliación da programación, agora tamén con outras propostas de periodicidade regular, desde documentais musicais (froito dunha colaboración con In-Edit Beefeater, o Festival Internacional de Cine Documental Musical de Barcelona) ata cine de xénero de calidade sen estrear. Asimesmo, o centro facilita as habituais presentacións na sala de curtas de produción galega.

O filme é resultado histórico de 25 horas de conversación entre Kurt Cobain e Michael Azerrad, cando este preparaba o seu libro Come as you are: The story of Nirvana. As súas palabras, as cidades da súa vida (Aberdeen, Olympia e Seattle), esvarando cunha narrativa visual propia e os seus grupos favoritos (Vaselines, Mudhoney, Bad Brains,...) nunha autobiografía cálida e sincera.

Dentro da sección que se inaugura vanse proxectar ademais Hak Se Wui/Election, o venres 8; A xinecóloga e Túnel, o venres 15; Hak Se Wui Yi Wo Wai Kwai / Election 2, o venres 22, e Metal: A Headbanger´s Journey, o venres 29.


R.