Skip to main content

Profesionales e históricos de la radio conmemoran el 75 aniversario de Radio Galicia

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta subliñou hoxe que os 75 anos da Cadena Ser en Galicia conforman “unha historia de logros informativos e profesionais xustamente premiados pola audiencia”. Así o manifestou en Santiago o máximo mandatario autonómico, durante o acto conmemorativo dos 75 anos de creación de Radio Galicia, onde sinalou que todo ese período pode resumirse en “bo facer, en profesionalidade e nese elemento indispensable que é o amor a este medio de comunicación tan antigo e á vez tan moderno que é a radio”.

Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño salientou o difícil que resulta para un medio de comunicación chegar á idade de 75 anos, tendo en conta sobre todo “os turbulentos avatares que marcan o camiñar deste país durante unha boa parte deste período de tempo”. Nese sentido, cualificou a traxectoria da Cadena Ser e de Radio Galicia como “unha historia de resistencia empresarial e profesional durante un longo treito de secuestro informativo e intervención gubernamental nos medios de comunicación”.

O titular da Xunta felicitou á cadea “por facer radio e por conseguir que a radio siga sendo un medio de comunicación vivo”, así como porque “durante moito tempo falar de radio equivalía a falar da Cadena Ser, única fenda pola que se filtraban as novidades que non tiñan cabida no mundo pechado da radio oficial”.

“Radio Galicia de Santiago de Compostela, primeiro baixo a rúbrica empresarial de Unión Radio e, despois da Guerra Civil, como emisora integrante da Sociedade Española de Radiodifusión, foi durante os 75 anos que hoxe conmemoramos a máis inmediata referencia para moitos composteláns e galegos que procuraban información e entretemento”.

Pérez Touriño chamou a atención sobre o fenómeno “ben singular” a “a extraordinaria estabilidade do universo ser”, tanto na súa programación como na fidelidade da súa audiencia, xa que, indicou, “a Cadena Ser ostenta un incansable e indiscutido liderado desde hai xa moitos anos”.
R.